Sumar fai un chamamento á Galicia progresista para mobilizarse e acabar cos "anos de escuridade" do PP

Ramón Sarmiento mostrouse convencido de que Sumar Galicia conseguirá ter "grupo parlamentario" na cámara galega.

Por E.P. | VIGO | 05/02/2024 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O candidato número 1 pola provincia de Pontevedra de Sumar Galicia, Ramón Sarmiento, fixo este luns un chamamento á "Galicia progresista" para que se mobilice e contribúa ao cambio o próximo 18 de febreiro, unha "oportunidade histórica para deixar atrás estes anos tan negros, de escuridade" do PP na Xunta.

Así o trasladou durante unha visita ao mercadillo de Sabarís, en Baiona (Pontevedra), na que proclamou que Sumar pretende levar "a esperanza" ás mulleres, e á clase traballadora de Galicia, con "políticas valentes e políticas útiles", ao servizo da maioría social.

Nese sentido, Ramón Sarmiento insistiu en que a proposta liderada por Marta Lois será "un alicerce imprescindible" nun futuro goberno autonómico de esquerdas, porque con BNG e PSOE "non chega", e defendeu que a candidata á presidencia da Xunta está "próxima" aos problemas da cidadanía e conta coa "experiencia" das políticas que esta formación xa está a aplicar no goberno de España. "Acuñamos unha nova forma de facer política, de funcionar un goberno de coalición, onde se pacta un programa e somos a garantía de que ese programa se faga realidade", proclamou.

Finalmente, o candidato mostrouse "convencido" de que Sumar Galicia conseguirá ter "grupo parlamentario" na cámara galega e reiterou que esta formación é "imprescindible" para "ensanchar o ámbito de progreso" en Galicia, polo que insistiu en pedir "mobilización" a sindicatos, anpas, plataformas e colectivos.

Visita do candidato de Sumar Galicia por Pontevedra, Ramón Sarmiento, ao mercadillo de Sabarís, en Baiona (Pontevedra), a 5 de febreiro de 2024.. SUMAR GALICIA
Visita do candidato de Sumar Galicia por Pontevedra, Ramón Sarmiento, ao mercadillo de Sabarís, en Baiona (Pontevedra), a 5 de febreiro de 2024.. SUMAR GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta