Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/02/2024 | Actualizada ás 14:45
A candidata de Sumar á Presidencia da Xunta, Marta Lois, comprometeu, se esta formación é "chave para o cambio político", un metro lixeiro para A Coruña e Vigo que conecte coas súas respectivas áreas metropolitanas.
Fíxoo no apeadeiro do Burgo, no municipio coruñés de Culleredo, onde reprochou ao PP non apostar " nos seus anos á fronte da Xunta por estas infraestruturas. "Necesítase un metro lixeiro que conecte A Coruña coa área metropolitana", sentenciou.
Respecto diso, incidiu en que se trata dunha proposta, o metro lixeiro, que levan tamén para A Coruña e a área de Vigo. Fíxoo acompañado polos números 2 e 4 pola Coruña, Paulo Carlos López e Juan Díaz Villoslada. "Deste apeadeiro vai saír o metro lixeiro para conectar todo a área metropolitana que vincula A Coruña con nove concellos", dixo para lembrar, ademais, que polos accesos da cidade, en Alfonso Molina, "entran diariamente máis de 120.000 vehículos".
A candidata de Sumar Galicia denunciou, ademais, a "pouca aposta" do PP polas infraestruturas ferroviarias. "Toda a política de Sumar Galicia vai encamiñada á transición verde, ás políticas verdes".
Por outra banda, tamén criticou a falta dun tren de proximidade entre Betanzos e A Coruña, algo que a Xunta, dixo, ten "completamente abandonado". Ademais, pediu "axudas, propostas e subvencións" para o colectivo de mariscadoras e mariscadores da ría do Burgo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.