Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2024 | Actualizada ás 20:46
O expresidente do Goberno Mariano Rajoy continúa, en paralelo co líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, cunha axenda propia e este venres, en pleno ecuador de campaña, recalou nas localidades de Ordes e Santiago de Compostela. Tamén participou, nesta mesma xornada, no comida mitin de Teo.
E se na comida coincidiu co líder do PPdeG e candidato o 18F, Alfonso Rueda, nos súas outras visitas estivo acompañado doutros dirixentes destacados da formación, como a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o vicepresidente primeiro da Xunta e líder provincial da formación popular, Diego Calvo.
En Santiago, onde tamén estivo acompañado do portavoz local, Borja Verea, Rajoy deu un paseo pola praza de abastos e visitou algunhas tendas. Pero o expresidente tamén tivo a oportunidade de visitar algún dos espazos comúns do centro sociocomunitario de Porta do Camiño, dependente da Xunta, onde tanto el como Prado e Calvo departiron animadamente con varios anciáns, segundo un reel difundido polo líder provincial na súa conta de Instagram.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Rueda reivindica o "Estilo Galicia" fronte a un PSOE "centrado en protexer a corruptos á conta dos cidadáns"
- Juan Carlos I e os Reis de España visitan Galicia
- Galicia representará en Bruxelas ás CCAA no grupo de traballo de Protección e información dos consumidores
- Sánchez responderá este mércores no Congreso a preguntas dos grupos parlamentarios, coa polémica de Cerdán no centro
- Os afiliados do PP poderán votar este luns a Feijóo como presidente do partido en asembleas en toda España
- Besteiro sobre Santos Cerdán: "Ningunha organización está exenta de que nas súas filas aparezan casos de corrupción"