Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2024 | Actualizada ás 20:19
A Xunta Electoral de Galicia desestimou e arquivou a denuncia do PPdeG contra o alcalde do municipio pontevedrés de Caldas de Reis pola publicación dun boletín informativo "con contido electoralista". Na denuncia, presentada polo PPdeG o 14 de febreiro, o Concello de Caldas infrinxira a Lei Orgánica de Réxime Electoral (Loreg) con esta publicación que contiña información "claramente electoralista".
Desta forma, os populares denunciaron que nesa información se criticaba "de forma subxectiva e partidista" a actuación da Xunta no relativo á construción dun centro de saúde, obviando a responsabilidade do Concello na tardanza para pór a dispoñibilidade da administración autonómica os terreos e atribuíalla ao Goberno galego.
Pola contra, o alcalde formulou alegacións, a data do 15 de febreiro, e afirmou que era unha folla informativa dun asunto do pleno da corporación con data de xaneiro de 2024 e aprobado por unanimidade tal e como indica o boletín.
Desta forma, a Xunta Electoral, nunha resolución emitida este venres, confirma que no boletín se informa de xestións previas e antecedentes administrativos relacionados coa construción dun centro sanitario no municipio.
O documento, por tanto, "contén información de interese xeral para a cidadanía" sobre a construción dunha obra pública, polo que non aprecia connotacións electoralistas nin campaña de logros que poidan estar dentro da prohibición que establece a lei.
CARTA CON CONTIDO ELECTORALISTA
Por outra banda, a Xunta Electoral tamén arquivou a denuncia do PPdeG contra o tenente de alcalde de Caldas de Reis polo envío dunha carta "con contido electoralista". Os populares denunciaron que no contido criticaba de forma subxectiva e partidista a actuación da Xunta e no escrito figuraba o emblema do BNG.
A data do 16 de febreiro o BNG alegou que estes feitos non eran un acto organizado ou financiado polos poderes públicos nin directa nin indirectamente e que a carta foi realizada cos fondos do partido e repartida por buzoneo polos militantes e simpatizantes da formación nacionalista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.