Que pasa co mercado da vivenda en Galicia?... Hai un freo inmobiliario?

A compravenda de vivendas cae un 12,4% en Galicia en 2023, máis que a media do estado. Tamén se afunde a firma de hipotecas sobre vivendas en 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2024 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A compravenda de vivendas anotouse en Galicia durante 2023 un retroceso do 12,4%, ata un total de 19.149 operacións, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este xoves.

Este descenso é superior ao 9,7% de media de descenso en España, onde houbo 586.913 operacións. A caída de Galicia é a sexta maior entre comunidades, con Baleareas (-19,9%) co peor dato. Só repunta a compravenda en Asturias (5,6%). A caída prodúcese tras dous anos consecutivos de compravendas de vivendas en Galicia á alza: 2021 (19.815 operacións) e 2022 (21.864).

Pola súa banda, o total de leiras transmitidas alcanzou as 105.336, un 3,4% menos que en 2022. A distribución é de 70.839 urbanas (38.284 vivendas, 2.863 solares e 29.692 doutro tipo urbano) e 34.497 rústicas.

Compravenda de vivendas en Galicia en 2023. EPDATA
Compravenda de vivendas en Galicia en 2023. EPDATA | Fonte: Europa Press

HIPOTECAS

Tamén Galicia rexistrou un total de 12.336 hipotecas sobre vivendas en 2023, o que supón un afundimento do 21,9% en comparación con 2022, segundo os datos difundidos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este xoves.

Esta caída é a segunda maior entre comunidades nun ano de descensos xeneralizados, só superada pola Rioxa (-36,1%) e catro puntos peor que a media española (-17,8%). Así mesmo, as hipotecas sobre vivendas en Galicia rompen coa tendencia alcista iniciada en 2019.

O dato de 2023 trátase do menor desde 2020, un ano marcado polas subidas dos tipos de interese para controlar a inflación. E é que en 2021 as firmas foron 14.447, cun repunte de 15.802 en 2022. Lonxe quedan cifras da burbulla inmobiliaria, cando se rozaron as 45.000 rúbricas en 2005.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta