Por Europa Press / Redacción | Compostela | 01/03/2024 | Actualizada ás 10:58
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente rexistrado no municipio coruñés de Brión entre un turismo e un camión de combustible que, a pesar de quedar envorcado fóra da vía tras o impacto, non sufriu danos na súa carga.
O sinistro produciuse ás 07,30 horas deste venres na estrada AC-543 ao seu paso polos Ánxeles, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia. Os dous condutores dos vehículso implicados resultaron feridos, aínda que de forma leve, aínda que foron evacuados en ambulancia a un centro hospitalario. Ata a zona, ademais de efectivos de Urxencias Sanitarias 061, mobilizáronse membros do GES de Brión e bombeiros do Xallas.
A pesar do impacto que fixo envorcar e saírse da vía, a carga de 6.000 litros de combustible que acababa de recoller nunha estación de servizo o camión non sufriu danos. Con todo, os servizos de emerxencia aplicaron material absorbente para deter a perda de combustible que procedía do depósito do camión, cuxa carga será transvasada pola empresa responsable.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.