Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 13/03/2024 | Actualizada ás 18:35
Moitas mulleres teñen que aguantar unha vez ao mes unha regra tan dolorosa que lles impide facer vida e que as mantén inactivas durante, polo menos, cinco días días. Dor pélvico intenso, migrañas, cólicos intestinais, dor ao orinar e defecar, dor nas relacións sexuais, náuseas ou vómitos, sangrado abundante, fatiga, infertilidade e dismenorrea son algúns dos seus síntomas. Dende o Galicia Confidencial facemos unha recompilación de datos para que a xente que aínda non considera que este sexa un problema que mereza atención vexa ata que punto chega a impedir a vida dunha muller a endometriose e a cantidade de persoas que hai afectadas por ela:
1. A endometriose afecta a aproximadamente 1 de cada 10 mulleres en idade reprodutiva. (Fonte: OMS)
2. En Galicia a endometrose afecta a unhas 60.000 galegas. (Fonte: QuerENDO)
3. Representa a uns 190 millóns de mulleres en todo o mundo. (Fonte: OMS)
4. O diagnóstico tarda de media entre 7 e 10 anos. (Fonte: OMS)
5. O 50 % das mulleres con endometriose teñen problemas de fertilidade. (Fonte: OMS)
6. O 15 % das mulleres con endometriose presentan as súas formas máis severas. (Fonte: QuerENDO)
7. Unha muller ten entre 2 e 3 veces máis risco de padecer endometriose se ten unha familiar próxima que a ten. (Fonte: The Endometriosis Foundation of America)
8. A perda produtiva dunha muller con endiometriose é dunhas 10 horas por semana. (Fonte: The Endometriosis Foundation of America)
9. A perda económica anual nos Estados Unidos a causa desta enfermidade é duns 119.000 millóns de dólares. (Fonte: The Endometriosis Foundation of America)
10. A idade de maior afectación da enfermidade está entre os 25 e os 35 anos, aínda que pode aparecer dende os 15 ata os 44. (Fonte: The Endometriosis Foundation of America)
11. Entre o 50 e o 70 % de mulleres con dor pélvico ou dor de regra poden padecela. (Fonte: Saluspot)
12. Os períodos das mulleres con endometriose adoitan superar os 7 días. (Fonte: Infosalud)
13. Un 30 % das mulleres (tres de cada dez) non presenta ningunha sintomatoloxía. (Fonte: Ministerio de Sanidade)
14. O 10 % dos casos adoitan precisar cirurxía. (Fonte: Ministerio de Sanidade)
15. O 47 % das mulleres con endometriose teñen síntomas antes de cumprir os 20 anos. (Fonte: Ministerio de Sanidade)
16. Ata nun 50 % dos casos é unha enfermidade recorrente, polo que pode catalogarse como unha enfermidade crónica. (Fonte: Ministerio de Sanidade)
17. Causa 6.298 euros en perdas por produtividade laboral minguada da muller anualmente en España. (Fonte: Ministerio de Sanidade)
18. Orixina 3.113 euros en custes de saúde por muller anualmente en España. (Fonte: Ministerio de Sanidade)
19. Xera 9.579 euros en custes por baixas laborais en España. (Fonte: Ministerio de Sanidade)
20. Entre un 70 e un 80 % das mulleres recorren á ablación para poñerlle remedio. (Fonte: Ministerio de Sanidade)
21. O caso máis antigo de endometriose informada foi nunha muller de 78 anos. (Fonte: infoSalud)
22. O caso máis xoven de endometriose foi nunha rapaza de 9 anos. (Fonte: infoSalud)
23. O 82 % das mulleres que a padecen non poden levar vida normal durante uns días. (Fonte: Asociacións)
24. O 68 % das mulleres son diagnosticadas inicialmente con outra enfermidade. (Fonte: Asociacións)
25. Ao redor do 50 % das mulleres con endometriose leve poden quedar embarazadas. (Fonte: Ministerio de Sanidade)
26. Hai máis persoas con endometriose en España (10 %) que con diabetes (7,8 %) ou asma (7,7 %). (Fonte: Enquisa Nacional de Saúde)
27. De promedio as mulleres con endometriose teñen que ausentarse do traballo unha media de 10,8 horas por semana. (Fonte: Impact of endometrosis on quality of life and work productivity)
28. O 31,8 % das mulleres que padecen endometriose teñen síntomas de ansiedade. (Fonte: The ELEMI Project)
29. O 28,9 % das mulleres que padecen endometriose teñen síntomas depresivos. (Fonte: The ELEMI Project)
30. O Día Mundial da Endometriose celébrase anualmente o 14 de marzo. (Fonte: OMS)
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.