Últimos días para doar sangue nas universidades galegas

A Axencia de Doazón de Órganos e Tecidos (ADOS) fixo un chamamento a participar na segunda fase da campaña de doazón de sangue nas universidades galegas no actual curso, unha iniciativa que concluirá o mércores 17.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2024 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Tecidos (ADOS) fixo un chamamento a participar na segunda fase da campaña de doazón de sangue nas universidades galegas no actual curso, unha iniciativa que concluirá o mércores 17. Nestas dúas últimas xornadas, denominadas 'Campaña escoba', as unidades móbiles de ADOS visitarán os distintos campus para que o colectivo universitario que aínda non doou sangue poida participar.

ADOS iniciou o 27 de febreiro a segunda fase da campaña universitaria de doazón de sangue, que termina o 17 de abril. Entre os obxectivos está renovar a base de doantes e superar as 2.234 doazóns recollidas na primeira fase da campaña deste curso. Este martes, as unidades móbiles estarán ante a Escola de Arquitectura Técnica da Coruña e da Facultade de Medicina de Santiago.

O mércores irán ata a Facultade de Enfermaría de Ferrol, a Facultade de Socioloxía da Coruña, a Facultade de Dereito de Santiago, a Escola de Forestais de Pontevedra, a Escola de Enxeñaría Industrial e a Facultade de Comercio de Vigo, a Biblioteca Intercentros de Lugo e o Edificio Facultades de Ourense.

Autobús de ADOS nun campus galego
Autobús de ADOS nun campus galego | Fonte: ADOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta