Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 07/06/2024 | Actualizada ás 20:00
A Casa de Rosalía de Castro é visitada cada ano por milleiros de persoas que buscan coñecer onde pasou os últimos anos da súa vida a poetisa galega recoñecida no mundo enteiro. Pero, unha vez ao ano, a fundación organiza unha homenaxe á autora de forma diferente, máis emocional e fermosa, co evento 'Rosalía en Camiño': a través da lectura de poemas. A quinta edición desta cita tivo lugar este xoves, cando o auditorio da vivenda da escritora padronesa acolleu a medio cento de asistentes apaixoados pola poesía.
Rosalía de Castro | Fonte: Commons - ArquivoVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
A emblemática vivenda locía fermosa nun solleiro día desta primaveira-verán que nos acompañou esta semana. "Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas", dicía Rosalía en 'Cantares Gallegos' (1863). E, tal e como mandaba Rosalía, orgullosa da súa lingua, nun encontro multilingüe léronse poemas en idioma galego, portugués, vasco e catalán. A musicalidade de todas estas linguas semellaba, precisamente, un fermoso canto para os ouvidos.
Bernardo Atxaga, Andreia C. Faria, Pol Guasch, Brenda Mondelo, Andrea Nunes e Miguel Rodríguez Monteavaro foron os encargados de recitar nesta edición. Ademais, previamente houbo unha conversa entre Miguel Rodríguez Monteavaro e Andreia C. Faria na que ambos reflexionaron sobre a súa poesía e as súas obras. Os aplausos non cesaron tras cada lectura e, sen dúbida, quedaron ganas de máis. Haberá que agardar á chegada da edición do vindeiro ano, que xa se convertirá na sexta.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
1 SentidiñoVenres continuou en Bonaval, onde a Rosalía repousa. E sábado 8, no auditorio do MPG: 12.00 Recital de Bernardo Atxaga, Andrea C. Faria, Pol Guasch, Brenda Mondelo, Andrea Nunes e Miguel Rodríguez Monteavaro. 13.00 “A lluz Orión e a nova lluz”, un espectáculo de poesía, música e imaxe en galego de Asturias dirixido polo poeta Miguel Rodríguez Monteavaro, co artista sonoro Andrés Rodrigues e co cineasta Iván Torres.¿Gústache esta noticia?
- Eduardo de Martís: “O Museo da Identidade quere mostrar as raíces do que temos arredor”
- Xosé Manuel Beiras homenaxeado este sábado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega
- Berta Dávila, Premio Ostana 2025 polo seu compromiso coas linguas minorizadas
- O 95,6% dos estudantes que fixeron a PAU galega aprobaron e sen apenas variar a porcentaxe co novo modelo
- Unha tese presentada na USC destaca o papel do xornalismo multidisciplinar ante o reto climático
- O BNG denuncia a "ocultación" da Xunta sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade