Concentración en Ourense para pedir á Xunta medidas ante os custes da enfermidade hemorráxica epizoótica

O Sindicato Labrego Galego (SLG) lembra que o gasto por animal infectado pode chegar aos 400 euros.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/08/2024 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) convocou para este mércores, 14 de agosto, unha concentración en Ourense para demandar medidas ante a enfermidade hemorráxica epizoótica. Nunha nota de prensa, a organización agraria estima que as perdas debido a esta enfermidade que afecta a explotacións bovinas poden chegar a superar a día de hoxe os 20 millóns de euros.

Ademais da perda económica derivada da morte dos animais, a adquisición dos tratamentos preventivos, antiinflamatorios ou antibióticos que se deben empregar "leva un importante gasto" que, segundo sinala, "pode chegar aos 400 euros por animal afectado". Este incremento dos custos, apunta o sindicado, "empeora a vulnerabilidade económica das gandarías, afectadas nestes momentos pola baixada de prezos tanto no sector cárnico como no lácteo".

Neste contexto, o SLG convocou unha concentración este mércores, ás 12.00 horas, ante a sede da Consellería do Medio Rural en Ourense para demandar á Xunta que, "ademais de cubrir a morte dos animais, lexisle con carácter inmediato para cubrir o 100 % dos citados gastos veterinarios derivados desta enfermidade, así como o lucro cesante provocado tanto pola perda produtiva dos animais que falecen como polos que finalmente sobreviven".

Varias vacas nunha explotación agraria
Varias vacas nunha explotación agraria | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta