O BNG reclama que a Xunta envíe o estudo sobre o custo do rescate e transferencia da AP-9 ao Parlamento

O viceportavoz segundo do BNG na Cámara autonómica, Luís Bará, cre que as cifras deste estudo encargado pola Administración galega reflicten o "absolutamente desproporcionadas e faltas de rigor"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2024 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O BNG reclamou á Xunta que envíe ao Parlamento o estudo económico presentado este xoves sobre a AP-9, que sitúa o prezo do rescate entre 1.612 e 2.355 millóns, moi por baixo dos 4.000 que sinalou o ministro de Transportes, Óscar Puente.

Nun comunicado, o viceportavoz segundo do BNG na Cámara autonómica, Luís Bará, cre que as cifras deste estudo encargado pola Administración galega reflicten o "absolutamente desproporcionadas e faltas de rigor" que estaban as estimacións dos gobernos do PP de Mariano Rajoy e as máis recentes do de Pedro Sánchez.

Este "baile de cifras", segundo Bará, require que se poña transparencia sobre os estudos, polo que ve necesario que o da Xunta sexa enviado ao Parlamento galego para que poidan analizalo os grupos.

Punto do accidente rexistrado na AP-9.. DGT
Punto do accidente rexistrado na AP-9.. DGT

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta