Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/09/2024 | Actualizada ás 19:20
Un traballador resultou ferido tras caer co seu camión por un terraplén nunha canteira en Saiar, no municipio pontevedrés de Caldas de Reis. Segundo informou o 112, foron as urxencias sanitarias quen deron a voz de alarma e indicaron que o único ocupante do vehículo estaba fóra da cabina, pero inconsciente.
Ata o punto desprazouse a Policía Local, a Garda Civil e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Caldas e de Cuntis. O home foi trasladado polo persoal sanitario ata o hospital de referencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.