O Goberno achaca os atrasos do AVE a unha "treboada perfecta": novas infraestruturas e material e maior demanda

O delegado do Goberno celebra a "boa acollida" que lle está dando Galicia aos inmigrantes chegados nos últimos días.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2024 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, achacou os atrasos do AVE en Galicia ao que cualificou de "treboada perfecta", composta polas obras para a renovación de infraestruturas, a chegada de novo material rodante (o Avril) e unha demanda "nunca vista". O delegado expresábase así ante os medios este luns en Lugo tras as declaracións do conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, nas que avanzaba que pedirían explicacións ao ministro de Transportes, Óscar Puente, pola situación do ferrocarril na comunidade.

Ante isto, Pedro Blanco incidiu en que o AVE chegou a Galicia "acompañado dun incremento absolutamente exponencial da demanda" dun tipo de transporte que, ademais, "é alcanzable e que non está a contaminar". A isto sumou a renovación da frota, "que levaba moitísimos anos sen renovarse", e das infraestruturas que se están construíndo. Considera "normal" que se produzan incidencias neste contexto, pero insiste en que o ministerio "traballa para resolvelas", polo que pediu "paciencia".

"Creo que agora mesmo xa se vai normalizando aos poucos e estou absolutamente seguro de que, con independencia de que esta semana se vai a reforar o número de prazas ata as 7.000 semanais, estou seguro de que en poucos meses haberá unha normalidade como en calquera outro medio de transporte", sinalou, destacando ademais que o índice de eficiencia do tren "non é comparable a ningún outro".

Respecto das críticas pola supresión de servizos ferroviarios en Lugo, o delegado pediu comparar o número de servizos dos anos 2017 ou 2018 e os de 2024. Para Pedro Branco os servizos actuais "son moito máis modernos" fronte á "odisea" que supuña antes. "Comparar isto co que tiñamos é como comparar a idade de pedra co século XXI", afirmou.Con todo, recoñeceu que non se "conforman" e que se continuará traballando.

Imaxe do AVE Avril este martes á chegada a Madrid con máis de dúas horas e media de atraso.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Imaxe do AVE Avril este martes á chegada a Madrid con máis de dúas horas e media de atraso.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

ATRASOS NO 13%, SEGUNDO O MINISTERIO

En canto á porcentaxe de atrasos, que este domingo a Xunta cifraba en torno ao 90%, fontes do Ministerio de Transportes rebaixan a porcentaxe e sitúano no 13%. Apuntan tamén que a ocupación da serie S106 (coñecidos como Avril) está preto do 100%, o que para o departamento de Transportes demostra a confianza dos clientes no servizo.

Ademais, lembran que para dar solución ás incidencias 'in situ' nestes trens, Renfe tomou medidas preventivas coa presenza de técnicos de Talgo (fabricante dos S106) a bordo dos vehículos para dar solución inmediata a pequenos problemas técnicos. "Isto, unido á experiencia e rodaxe dos trens día a día, fixeron que as incidencias se vaian reducindo", destacan.

CHEGADA DE INMIGRANTES

Por outra banda, o delegado do Goberno subliñou a boa acollida por parte dos galegos aos inmigrantes que van chegando desde Canarias.

"Creo que é fundamental que os poderes públicos, os alcaldes, os acollan con absoluta normalidade porque ao final, os representantes públicos somos un pouco a imaxe. Por tanto, se os alcaldes acóllenos cos brazos abertos, e entendendo que efectivamente estamos ante unha emerxencia humanitaria, pois efectivamente, os veciños tamén os acollerán con esa actitude positiva que eu demando, que é a que estamos a ter en xeral", valorou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta