As partes personadas no xuízo de Angrois teñen ata finais de novembro para recorrer

Isto é así tendo en conta que a xuíza, nunha dilixencia o pasado día 16 á que tivo acceso Europa Press, comunicou que o pasado martes 15 de outubro se realizou a última notificación ao ex director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, un dos dous condenados (xunto ao maquinista).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2024 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

As distintas partes personadas no procedemento polo accidente do tren Alvia que descarrilou en Angrois en xullo de 2013 teñen ata finais de novembro para recorrer a sentenza. Isto é así tendo en conta que a xuíza, nunha dilixencia o pasado día 16 á que tivo acceso Europa Press, comunicou que o pasado martes 15 de outubro se realizou a última notificación ao ex director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, un dos dous condenados (xunto ao maquinista).

En concreto, a maxistrada do xulgado do penal número 2 de Santiago de Compostela, Elena Fernández Currás, decretou, ante as solicitudes, a ampliación do prazo en 30 días para interpor recursos de apelación contra a sentenza relativa ao sinistro. Estes 30 días, segundo precisaba no seu momento, computaríanse "desde que teña lugar a última notificación ás partes ou persoalmente aos acusados dos autos nos que se resolven as correspondentes solicitudes de aclaración, rectificación, subsanación ou complemento da sentenza".

Unha vez lle constou ao xulgado a data da última notificación (a do 15 de outubro, precisamente a un dos dous condenados), esta data púxose en coñecemento das partes, a fin de que saiban cal será a data ata a que poderán ser admitidos os recursos de apelación que se interpoñan. O cálculo de 30 días hábiles desde o 15 de outubro termina o próximo 27 de novembro.

A ESPERADA SENTENZA

A sentenza, de máis de 500 folios, transcendeu a finais de xullo, xusto despois de que se cumprisen 11 anos da traxedia. Nun primeiro momento, a xuíza deu un prazo de 10 días hábiles para recorrer, que terminaban o pasado 10 de setembro. Fernández Currás considera probado no fallo que ambos, o maquinista e o ex responsable de seguridade de Adif, son responsables de 79 delitos de homicidio e de 143 de lesións por imprudencia grave.

O maquinista do tren Alvia accidentado en Angrois en 2013 que deixou 80 mortos, Francisco José Garzón (d), durante unha nova xornada do xuízo do accidente ferroviario do Alvia, na Cidade de Xustiza, a 20 de xuño de 2023, en Santiago
O maquinista do tren Alvia accidentado en Angrois en 2013 que deixou 80 mortos, Francisco José Garzón (d), durante unha nova xornada do xuízo do accidente ferroviario do Alvia, na Cidade de Xustiza, a 20 de xuño de 2023, en Santiago | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta