Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2024 | Actualizada ás 15:59
O BNG pedirá no Parlamento de Galicia a ampliación ata o 2030 da moratoria para novas plantacións de eucalipto en Galicia, unha especia que "non deixa de crecer nos últimos 50 anos".
Segundo detallou a formación nacionalista nun comunicado, facendo referencia aos datos máis recentes do 'Inventario Forestal Continuo de Galicia', o eucalipto pasou de ocupar 131.000 hectáreas en 1.973 a máis de 413.000 actualmente, o "14% do total de Galicia". A proposta do BNG implicaría iniciar as "reformar legais necesarias" para aumentar en cinco anos a prohibición vixente para novas plantacións desta especie, que acaba a finais de 2025.
Para a portavoz de Montes e Política Forestal do BNG, Montse Valcárcel, unha decisión "deste calado" débese realizar con "suficiente antelación" e ten que ir acompañada doutras medidas de fomento da diversidade e da multifuncionalidad do monte. A deputada nacionalista sinalou que outra das razoas de peso para "xustificar a ampliación" da moratoria é "compasala" coa que rexe en Portugal, que aplica desde 2018, segundo detallou o BNG, unha norma que prohibe a plantación de eucaliptos ata 2030.
"Como consecuencia desa medida incrementouse de maneira exponencial a demanda de eucalipto de orixe galega para as grandes pasteiras portuguesas", lamentou a formación nacionalista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.