O temor que ven co vento

As advertencias de Touriño puxeron en garda ao BNG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/12/2008 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Unha advertencia que vai dirixida aos seus socios porque "están dando moita munición ao enimigo" (en alusión ao PP e a determinados medios de comunicación). "E a crise, e un goberno dividido a tres meses duns comicios, non é nada bo nin para eles nin para nós"..."Non vaia a ser que, ao final, a ventaxa que hai co PP non sexa tal e quedemos a dúas velas".

E é que na dirección nacionalista hai certa incomprensión pola actitude socialista, especialmente, pola proximidade das eleccións, e cren que Touriño está sendo "mal aconsellado" e "caendo nas trampas de certos medios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

6 Chano

Nestes caseque 30 anos de "goberno autonómico" os únicos que fixeron algo con sensatez foron os do Bloque.

5 pedro

Tontiño estalle poñendo en bandexa as eleccions ao PP. Cuidado porque o resultado vai andar moi axustado. Coa que se aveciña daqui ao mes de marzo vaille resultar dificil ao Psoe repetir resultados. Ollo aos posibles "tamayos".

4 tino da barrela

"... igual non goberna en marzo"
ja, ja, jua, jua ...
o destes rapaces é para rirse a esgalla. coidadín, coidadín que ao mellor goberna o touriñin en solitario porque no psdg hai moitos que fai tempo que están ata os mismísimos dos seus socios. xa son moitas as voces que ven plantexando no interno que, se os resultados son os precisos, se debe gobernar en minoría. exemplos desa vía hai. velaí o exemplo do orozco en minoría sin o bloque. así que monos lobos caperucitos que coas cousas de comer non se xoga. e en precampaña moito menos.

3 Estevo das Estrivadas

Parabens ao BNG polo seu magnífica laboura na Xunta de Galiza: Normas do Habitat, Plan Sectorial da Vivenda, Banco de Terras, Lei Galega de Servizos sociais, Galescolas, seleccións deportivas nacionais, Plan eólico...

Está claro quen traballa por esta terra sen presións mediáticas e financeiras. Que fixo o PsoE por Galiza nestes anos?

Ben é certo que hai que mellorar algunhas cousas, mais o BNG foi un revulsivo importante no desenvolvimento da nosa Terra. ORGULLOSOS/AS DE SEREN GALEGOS/AS.

2 emigrante

Iste carallo que foi manso durante toda a lexislatura, facendo o papel de Raiña Nai, ven agora a poñerse bravo. Vaillas poñer en bandexa o PP.
Eu voto para que presida Quintana con Feijóo de Vice.
E o Sr. Touriño os chiqueros.