Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

57 Esmendréllome

Desde logo que o de ir o Bieito Lobeira é unha gran mostra de renovación. Un home moi culto, gran traballador, cunha elevadísima formación intelectual e política, amante da música clásica (Abba), simpático e orixinal, gran orador, gran escritor. En fin, todo virtudes. O raro sería que non o puxesen de number one. :-)

56 tinto

Non creo que sexa polos titulares porque eso sería unha mostra de debilidade do BNG que non acepto. Outras persoas que van e foron nas listas do BNG teñen titulares durísimos e como debe ser o BNG fixo o que lle petou. A causa non pode ser esa.

55 Quintanilla

E porqué non presentan a Bietiño Lobeira, ise intelectual, como conselleiro de cultura?

54 alberto

Tinto... que non vaia nas listas Anxela e para evitar titulares negativos na prensa, o que será dela...eu non teño a resposta. Que algúns outros non lle chegan o tacón? ...que se lle vai facer! Lei de vida! ;-)

53 Emilio

As do BNG serán como sempre as mellores listas que se resenten ás eleccións (CARALLO SI SE VAN RESENTIR, TODOS NOS IMOS RESENTIR CON ESA TROPA)