Ana Luisa Bouza: “O ciclo do BNG rematou”

Quen foi directora xeral do Servizo Galego de Igualdade no Bipartito deixa o Bloque cansa, di, de dar batallas que sempre perde. A decisión da maioritaria UPG de evitar unha confluencia electoral coas mareas foi o desencadenante da súa decisión. Unha decisión que ten que ver, ademais, cos consecutivos fracasos electorais dunha organización que segue empeñada en “non cambiar”. “O mundo nacionalista fóra do BNG é moi amplo”, di en declaracions a GC.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/01/2016 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

Ana Luisa Bouza acaba de despedirse de anos de militancia no BNG. Anos nos que chegou a confiar en que esta formación podía funcionar como motor dun cambio en Galicia. Eran os anos de Quintana como vicepresidente da Xunta, cando o nacionalismo chegou ao Goberno galego e comezou a facer política de país.

Ana Luisa Bouza
Ana Luisa Bouza | Fonte: crtvg.gal

Pero algúns erros propios e, sobre todo, campañas políticas e mediaticas, evitaron que ese cambio do nacionalismo collera forma. Desde entón, os golpes para o Bloque son constantes. Aquel cambio xa non existe e hai outros cambios, aos que a dirección do BNG actual non se quere sumar ou, sinxelamente, non quere ver.

Por iso, quen foi directora xeral do Servizo Galego da Igualdade nesa Xunta e unha das voces diferentes que aínda quedan nun case que monocolor BNG,  Ana Luisa Bouza, acaba de deixar o barco. E sae antes de que se celebre a Asemblea prevista para febreiro porque cre que as cousas non van cambiar.

É un proceso que ven de longo, que ven de discrepancias sobre a dirección que está tomando o BNG, que empeorou co proceso de Iniciativa pola Unión, e que agora se colma cos resultados do 20D e a postura oficial que segue mantendo o BNG”, explica a Galicia Confidencial.

Non confío xa que o BNG cambie”, apunta quen leva anos militando nunha minoría dentro do Bloque con voz pero sen voto. “É certo que sempre que estás na oposición dentro dunha organización tes esperanzas de que as túas posicións cheguen, finalmente, a triunfar, pero cando vez que non chegan, pois hai un punto no que te preguntas que fas aquí”, engade.

Por iso, ten claro que, cando non se está de acordo coas posturas oficiais que ano tras ano acaban impoñéndose, “ non vas dar unha batalla porque ves que non hai posibilidades”. “É mellor retirarse”, suliña, porque creo xa que “o ciclo do BNG rematou”.

En todo caso, ten claro que non vai deixar o seu activismo político. “O mundo nacionalista fora do BNG é moi amplo”, indica. “Nós tentámolo con Somos Nós –o grupo impulsado por Anxo Quintana e no que participan persoas de diversas sensibilidades nacionalistas--. Segue parecéndome un bo proxecto, pero quedou limitado ao papel the think thank”, explica.

Somós Nós

Con todo, e aínda que suliña unha e outra vez, que Somos Nós  fai “política pero é apartidario”, non descarta que acabe converténdose noutra cousa. “Hai unha idea clara de non querer ser outra vaca no millo”, di, pero tamén deixa claro que “nestes tempos políticos tan revoltos pois poñer a man no lume, non a poño, aínda que non está nas perspectivas”, argumenta sobre que este proxecto acabe derivando nunha nova forza política.

Ana Luisa Bouza tomou a decisión de xeito individual. Aínda que forma parte de Avrente, a minoría de Máis Galiza que decidiu quedar no Bloque, entende que non merecía a pena agardar. “Os procesos colectivos de marcha remataron. Non hai colectivos cohesiondados xa dentro do BNG, só a UPG e o MGS –unha excisión da primeira pero que apoia a súa orientación política—“.

“O resto da xente pode agruparse de xeito estable pero non para tomar decisións colectivas. Non o hai e, polo tanto, as decisións de marchar son individuais”, di sobre a súa decisión, que tomou de xeito individual. E é que hai outros compañeiros de Abrente que non descartan deixar a organización logo da asemblea de febreiro, precisamente, polo seu inmobilismo. “Cando non tes ningunha confianza dentro e non es útil, pois acabas sendo como unha lousa”, di. “E Quintana, cres que vai marchar?”, preguntámoslle. “Non o sei, iso mellor pregúntallelo a el”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

17 antón de guizán

Buscando cacho en En Marea. Os que lle facían a ola á UPG en contra de Beiras agora veñen a pillar cacho, incluído o ex alcalde de Monforte que lle puxo unha rúa a Fraga Iribarne

1 eusi

Tendes tan poucos argumentos que mesmo vos contradicides a vós mesmos: se esta sra quixese pillar cacho faria o que a maioria dos lambecus da Xunta, meterse no PP e asegurarse durante anos postiños nun lado ou noutro (sempre hai onde metelos). Pero os carneiros sodes así: poucas neuronas e mal usadas. A ver se desaparecedes dunha vez!

16 Independentista liberal-social

Penso que o problema principal do BNG é que compite cunha moda moi poderosa -ademais, moi potenciada mediaticamente- que non ten ningún tipo de desgaste por estar no poder e na que hoxe están a maioría dos nacionalistas: falo de En Marea. Por outro lado, tamén hai que ter en conta que moita xente segue asociando, máis inxusta que xustamente, ó BNG á "vella política". Se ben é certo que houbo enchufismos e pequenas cacicadas no Bipartito, deputacións, os 17 anos de Lores en Pontevedra... non é menos certo que na xestión pública do BNG brilan máis os logros que os escurantismos: Allariz, Pontevedra, Tomiño... Ademais, En Marea e Nós/BNG teñen un programa moi semellante: galeguista de esquerda. Polo que a maior perda de votos do Bloque tradúcese en cada vez máis voto útil nacionalista a En Marea, polo que o BNG corre serio risco de acabar extraparlamentario ou, como máximo, con 2 deputados; de ir só.

1 Independentista liberal-social

As únicas posibilidades de supervivencia ou de participación nun maior éxito electoral serían ou ben a integración en En Marea ou formar unha coalición de corte liberal-social (tipo PNV ou unha UPyD á galega) con CxG, Coalición Galega, TeGa, Partido Galeguista ou Converxencia XXI. É dicir, no primeiro caso, aceptaríase ir en coalición preelectoral con forzas estatais. E no segundo, con forzas non de esquerdas (xa o fixo, neste último caso, hai mes e medio), pero cun programa de corte socioliberal e non de extrema esquerda, coma nas últimas eleccións xerais. Deste último xeito, recollería un espazo baleiro e diferenciaríase de En Marea. En todo caso, o BNG tería que renunciar a algún dos seus 2 principios electorais se quere sobrevivir. Cal das 2 opcións preferides ou militantes do Bloque? Ou ningunha das dúas?

15 Bloqueiro

Busquei na web de Iniciativa pola Unión a candidatura de Ana Luisa Bouza e non a atopei. Que raro, non? Ou foi que non foi quen siquera de xuntar 10 apoios? A vindeira vez haberá que pedir dous titulares en medios de prensa, ao mellor ahí xa tal. Sin carguiño xa sabe o que pasa, que traballen outr@s.

14 Espartaco

O problema do nacionalismo galego é que Galiza é unha "región española) chea de vellos franquistas, desertores do arado e aldeáns que van de urbanitas e lle falan en español aos fillos porque cren é de mais caché social. Ou de oportunistas vendepatrias coma esta señora. 0De ren val que lle vendas soberanía aos que nasceron para ser escravos. e votan pola ideoloxia dos seus amos. Curiosamente Galiza saca xenios e proxectos xeniais en todos os campos (non vai polo BNG) pero non nos engañemos, o Beiras que vende non é o do Atraso económico de Galicia, o Beiras que vende é o vello perdido e decadente que representa a sua comedia bufa e fai o contrario do que predicaba.

1 nostrus

Tes razon en que Galicia é unha rexion, chea de vellos franquistas, desertores do arado, aldeans ctr, pero todos eles son galegos e axudan a conformar a identidade de Galicia . E que consideres como galegos só aos que estan fanatizados só demostra que ti es un deles. Galegos e españoles somos todos os que temos esa condicion, incluso a mala xente. Que lle falen moitos galegos aos seus fillos en español demostra que o español é unha das linguas de Galicia e aqueles que esixen falar galego para ser galegos só demostra que viven nunha secta e pretenden pretenden convertir neso a Galicia, unha inmensa secta na que seus membros non teñan capacidade de decision. Os que consideramos que o individuo é o mais indivisible da sociedade somos tan galegos como os que vos atopades coa obriga de facer o que fai o rebaño.

13 Xandokas

Mellor dito, o teu ciclo como funcionaria do bipartito e do Bloque, REMATOU, ....por fin!!!. Vós, os "quintanistas", fostes os que fundistes esta organización, actuando como PÉSIMOS caiques!