Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/01/2009 | Actualizada ás 10:15
As diferencias estriban, fundamentalmente, en como visualizar os obxectivos deste movemento e presionar ao BNG para levalos adiante. Por unha banda, están os que consideran necesario que estes cambios teñen que xerarse dentro do propio organigrama nacionalista, mentres que os outros apostan por levar a cabo estes obxectivos dende fora do Bloque e como grupo ou formación política. No primeiro grupo está o núcleo duro da CIG con Manuel Mera e Ramiro Oubiña ao fronte, mentres que o segundo está composto por xente nova excindidada da UMG, as mocidades da UPG, e históricos como Fermín Paz.
As diferencias entre ambos sectores veñen dadas pola incapacidade de cambiar as dinámicas actuais do BNG. O segundo grupo considera que o sistema de delegados fai inviable calquera cambio importante dentro do Bloque xa que o quintanismo e a UPG controlan a maior parte dos delegados. O primeiro, en troques, cre posible que, coa unidade dos críticos (incluídos os irmandiños e os ex-camilistas) pódese seguir presionando á cúpula nacionalista.
A estas diferencias súmase, ademais, as diferentes estratexias de cara aos vindeiros meses. O grupo de Mera considera que excindirse agora do BNG (en pleno proceso electoral) supón "darlle munición ao PP e a algúns medios para atacar ao nacionalismo". En troques, o grupo de Paz cre que é agora cando se debe dar o paso, mesmo pensando en crear un gran fronte nacionalista-independentista tal e como se recolle no proceso Espiral. Ademáis critican ao grupo de Mera de "seguir directrices da CIG" e non da propia dinámica do MpB.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.