O MpB comeza a dividirse

Xa hai semanas que no Movemento pola Base (MpB) hai duas correntes ben diferentes sobre a política a seguir por este grupo excindido da UPG e que forma parte do BNG como corrente política...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/01/2009 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

As diferencias estriban, fundamentalmente, en como visualizar os obxectivos deste movemento e presionar ao BNG para levalos adiante. Por unha banda, están os que consideran necesario que estes cambios teñen que xerarse dentro do propio organigrama nacionalista, mentres que os outros apostan por levar a cabo estes obxectivos dende fora do Bloque e como grupo ou formación política. No primeiro grupo está o núcleo duro da CIG con Manuel Mera e Ramiro Oubiña ao fronte, mentres que o segundo está composto por xente nova excindidada da UMG, as mocidades da UPG, e históricos como Fermín Paz.

As diferencias entre ambos sectores veñen dadas pola incapacidade de cambiar as dinámicas actuais do BNG. O segundo grupo considera que o sistema de delegados fai inviable calquera cambio importante dentro do Bloque xa que o quintanismo e a UPG controlan a maior parte dos delegados. O primeiro, en troques, cre posible que, coa unidade dos críticos (incluídos os irmandiños e os ex-camilistas) pódese seguir presionando á cúpula nacionalista.

A estas diferencias súmase, ademais, as diferentes estratexias de cara aos vindeiros meses. O grupo de Mera considera que excindirse agora do BNG (en pleno proceso electoral) supón "darlle munición ao PP e a algúns medios para atacar ao nacionalismo". En troques, o grupo de Paz cre que é agora cando se debe dar o paso, mesmo pensando en crear un gran fronte nacionalista-independentista tal e como se recolle no proceso Espiral. Ademáis critican ao grupo de Mera de "seguir directrices da CIG" e non da propia dinámica do MpB.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

11 Zutabe

"En troques, o grupo de Paz cre que é agora cando se debe dar o paso, mesmo pensando en crear un gran fronte nacionalista-independentista tal e como se recolle no proceso Espiral. Ademáis critican ao grupo de Mera de “seguir directrices da CIG” e non da propia dinámica do MpB."

Marabillosísisisimo... Encántanos esta última parte máis ca nada.

10 anonimo

Onte saiu no país a composición da fundación da cidade da cultura así como as empresas que puxeron os cartos. Asimesmo tamén dicía que no nacionalismo habia descrepancias tal e como se fixo dita fundación, que polo cal foi cesado C. Amoedo. Estas cousas cando se fan mal repercuten nas escisións. O BNG no debe facer así as cousas, pra iso está o PP. Saudos

9 Donuts

Disque Ramiro Oubiña repartiu un dia unha caixa de Donuts, antes de convertirse no liberado sindical máis alterne-activo !!

8 outro

e se o artigo nom está mui bem, já vem alguém a aclarar e lançar merda... sim senhor!

7 galiziani

É unha pena esta ruptura, o importante de aquí en diante é saber quen é cada quen e a quen van apoiar as xuventudes, pois eses serán os que teñan mais futuro.

Alguén sabe cal é a postura de Isca! no asunto ou se rompeu tamén?