O MpB comeza a dividirse

Xa hai semanas que no Movemento pola Base (MpB) hai duas correntes ben diferentes sobre a política a seguir por este grupo excindido da UPG e que forma parte do BNG como corrente política...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/01/2009 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

As diferencias estriban, fundamentalmente, en como visualizar os obxectivos deste movemento e presionar ao BNG para levalos adiante. Por unha banda, están os que consideran necesario que estes cambios teñen que xerarse dentro do propio organigrama nacionalista, mentres que os outros apostan por levar a cabo estes obxectivos dende fora do Bloque e como grupo ou formación política. No primeiro grupo está o núcleo duro da CIG con Manuel Mera e Ramiro Oubiña ao fronte, mentres que o segundo está composto por xente nova excindidada da UMG, as mocidades da UPG, e históricos como Fermín Paz.

As diferencias entre ambos sectores veñen dadas pola incapacidade de cambiar as dinámicas actuais do BNG. O segundo grupo considera que o sistema de delegados fai inviable calquera cambio importante dentro do Bloque xa que o quintanismo e a UPG controlan a maior parte dos delegados. O primeiro, en troques, cre posible que, coa unidade dos críticos (incluídos os irmandiños e os ex-camilistas) pódese seguir presionando á cúpula nacionalista.

A estas diferencias súmase, ademais, as diferentes estratexias de cara aos vindeiros meses. O grupo de Mera considera que excindirse agora do BNG (en pleno proceso electoral) supón "darlle munición ao PP e a algúns medios para atacar ao nacionalismo". En troques, o grupo de Paz cre que é agora cando se debe dar o paso, mesmo pensando en crear un gran fronte nacionalista-independentista tal e como se recolle no proceso Espiral. Ademáis critican ao grupo de Mera de "seguir directrices da CIG" e non da propia dinámica do MpB.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

6 Un

Coincido co primeiro comentario: quen escribiu isto non ten moita idea do que pasa no MPB. Confunde o touciño coa velocidade, escoita badaladas e non saben onde e mete imaxinismos como "proceso Espiral" sacados da real manga. Iso de soltar que o outro sector son da UMG é de coña cando nese sector están Fermín Paz ou Miguel Abraira, saídos directamente da UPG, e o primeiro, sendo membro do seu CC e destacado sindicalista. O núcleo duro da CIG quen son? Os que andan aos pés da UPG? O señor Mera é núcleo duro? Mera tan só é un traidor porque toda escisión que houbo, sempre apoiou, para logo ir de novo para a UPG. Con el, os que prefiren vivir da CIG aínda que sexa traizoando os principios polítos. De Ramiro Oubiña, máis do mesmo pero ata o podo entender, a súa idade non está para moitas aventuras, pero persoas novas como o Breixo traguen como campeóns vivindo arrastrado ante Mera e a cúpula da UPG que controla a CIG é puro estrume.
Eu pensaba que Galicia COnfidencial era máis rigurosa pero estou decatándome neste artigo que se colga calquera cousa que dea morbo.
Falade con alguén que vos asesores ben, dos que estean na primeira liña de traballo.

5 Xus

Moita idea do que esta a pasar non ten a persoa que escribiu isto.

É bo informarse antes!

4 Esmendréllome

Ao mellor é que o tal Oubiña o mesmo vale para un cocido que para un guiso. 8)

3 Un

Coido que hai unha errata. Poñedes a Ramiro Oubiña nas dúas correntes.

"No primeiro grupo está o núcleo duro da CIG con Manuel Mera e Ramiro Oubiña ao fronte, mentres que o segundo está composto por xente nova excindidada da UMG, as mocidades da UPG, e históricos como Ramiro Oubiña"

2 MpB

O que postou a nova é un grande ignorante do que pasa no MpB.
Avante o MpB e a revolución proletaria!