O MpB comeza a dividirse

Xa hai semanas que no Movemento pola Base (MpB) hai duas correntes ben diferentes sobre a política a seguir por este grupo excindido da UPG e que forma parte do BNG como corrente política...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/01/2009 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

As diferencias estriban, fundamentalmente, en como visualizar os obxectivos deste movemento e presionar ao BNG para levalos adiante. Por unha banda, están os que consideran necesario que estes cambios teñen que xerarse dentro do propio organigrama nacionalista, mentres que os outros apostan por levar a cabo estes obxectivos dende fora do Bloque e como grupo ou formación política. No primeiro grupo está o núcleo duro da CIG con Manuel Mera e Ramiro Oubiña ao fronte, mentres que o segundo está composto por xente nova excindidada da UMG, as mocidades da UPG, e históricos como Fermín Paz.

As diferencias entre ambos sectores veñen dadas pola incapacidade de cambiar as dinámicas actuais do BNG. O segundo grupo considera que o sistema de delegados fai inviable calquera cambio importante dentro do Bloque xa que o quintanismo e a UPG controlan a maior parte dos delegados. O primeiro, en troques, cre posible que, coa unidade dos críticos (incluídos os irmandiños e os ex-camilistas) pódese seguir presionando á cúpula nacionalista.

A estas diferencias súmase, ademais, as diferentes estratexias de cara aos vindeiros meses. O grupo de Mera considera que excindirse agora do BNG (en pleno proceso electoral) supón "darlle munición ao PP e a algúns medios para atacar ao nacionalismo". En troques, o grupo de Paz cre que é agora cando se debe dar o paso, mesmo pensando en crear un gran fronte nacionalista-independentista tal e como se recolle no proceso Espiral. Ademáis critican ao grupo de Mera de "seguir directrices da CIG" e non da propia dinámica do MpB.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

26 EMILIO

esquecemonos de que hai que optar polo menos malo, e neste caso e o BNG fronte o PP ou o PSOE que son peores......... SEGUROOOO? EU XA NON CHE SEI BEN, CO LOBEIRA AND COMPANY PULULANDO POR AHÍ

25 anónimo

por se non é pouca a semellanza do video que colgou agustín, ahí vai o do manifesto que tampouco ten desperdicio á hora de recrear outros aspectos da gran suite nupcial do bloque
http://www.youtube.com/watch?v=UZem...

24 Esmendréllome

Talmente como en "A vida de Briam". :-)

23 un

Estou de acordo con Agustin en todo, viva o pragmatismo. as veces esquecemonos de que hai que optar polo menos malo, e neste caso e o BNG fronte o PP ou o PSOE que son peores. Por iso andar a estas alturas a 1 mes das eleccions falando de rupturas con La Coz de Galicia a espreita coma corvos e ben triste, para os torpinhos disidentes que non van a ningures claro...

22 lourenzo

JAJAJAJA que putos desgraciados. Ou sexa que os hippies d ISCA queren traballar dende o BNG. E despois reunense con harrai-ETA etc e non para de criticar o propio bloco. Que se piren. Xa os tiñan q ter botalo a esta panda de esquerdistas. Que vaian pa palestina tirar pedras. Viva galiza ceibe conservadora