O MpB comeza a dividirse

Xa hai semanas que no Movemento pola Base (MpB) hai duas correntes ben diferentes sobre a política a seguir por este grupo excindido da UPG e que forma parte do BNG como corrente política...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/01/2009 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

As diferencias estriban, fundamentalmente, en como visualizar os obxectivos deste movemento e presionar ao BNG para levalos adiante. Por unha banda, están os que consideran necesario que estes cambios teñen que xerarse dentro do propio organigrama nacionalista, mentres que os outros apostan por levar a cabo estes obxectivos dende fora do Bloque e como grupo ou formación política. No primeiro grupo está o núcleo duro da CIG con Manuel Mera e Ramiro Oubiña ao fronte, mentres que o segundo está composto por xente nova excindidada da UMG, as mocidades da UPG, e históricos como Fermín Paz.

As diferencias entre ambos sectores veñen dadas pola incapacidade de cambiar as dinámicas actuais do BNG. O segundo grupo considera que o sistema de delegados fai inviable calquera cambio importante dentro do Bloque xa que o quintanismo e a UPG controlan a maior parte dos delegados. O primeiro, en troques, cre posible que, coa unidade dos críticos (incluídos os irmandiños e os ex-camilistas) pódese seguir presionando á cúpula nacionalista.

A estas diferencias súmase, ademais, as diferentes estratexias de cara aos vindeiros meses. O grupo de Mera considera que excindirse agora do BNG (en pleno proceso electoral) supón "darlle munición ao PP e a algúns medios para atacar ao nacionalismo". En troques, o grupo de Paz cre que é agora cando se debe dar o paso, mesmo pensando en crear un gran fronte nacionalista-independentista tal e como se recolle no proceso Espiral. Ademáis critican ao grupo de Mera de "seguir directrices da CIG" e non da propia dinámica do MpB.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

21 agustin

20 Farto

Quanto máis leio aos críticos máis gosto do regional-quintanismo e ate da UPG

19 mariem

Pois iso de construir un estado socialista...non sei eu, esta xentiña leva militando moitos anos no BNG en non saben que esta fronte nacionalista non aposta nen polo independentismo nen polo socialismo, senon por facer un proxecto común nacionalista para a transformación do País e pensado nel rachando coas políticas asobaladoras dos partidos españolistas (PsoE e PP)?

Que marchen!!!

18 SANTIAGO

escisión pola esquerda.... Que facil é falar, esta vai ser a escisión mais cutre e penosa da historia do nacionalismo: son unhas 20-25 persoas de Compostela e algunha do Ferrol, a abrumadora maioría homes (cónstame que só tenhen a rapaza que saiu falar na rolda de imprensa e mais outras 2- non sei como van defender o feminismo...).

A UPG está a rir a cachón perante esta situación. Infantilismo, vangardas estúpidas e persoalismos varios (ademais de algúns negristas que andan metidos na escisión).

A aqueles que pedían calma a estes avezados tentaron capalos e ameazáronos.

Bueno, xa se verá o que é o que pintan estes 4 gatos: a miña opinión é que NADA, van ser irrelevantes. Primeiro, porque cuantitativamente son incluso menos que Primeira Linha, e logo, porque non van tardar nen 2 meses en rifar entre eles. (Non creo que Paulo Paio , que falou sempre mal de Fermín por tras, ande agora a amigarse con el por muito tempo).

Iso non dura nen 4 días, á parte a meirande parte van ficar descolocados a todos os niveis, incluido o sindical, e se non tempo ao tempo.

Ah, por certo, as mocidades non están con estes pelagatos. Están sen fisuras co proxecto do MpB, e non con este invento que só recolle siglas e logotipo.

Mágoa de infantilismos que rematan por rachar proxectos audaciosos e necesarios. Hai moita xente histórica e tamén toda a mocidade.

Eu non aposto 1 duro por isto! Ainda lles fixeron un favor á xente digna e traballadora largándose.

ADEUS AO LASTRE.

17 anónimo

http://www.lavozdegalicia.es/galici...

...
-¿O nacionalismo chegará algún día ser primeira forza?
-Todo é posible, pero pouco probable, polo menos a un prazo curto. O Bloque perdeu unha ocasión de ouro de converterse non na primeira forza, pero si na alternativa, que foi cando, no 97, superou ao PSOE, por una mestura de méritos propios e erros alleos. Non soubo consolidar esa posición, permitiu que o PSdeG se recuperase e hoxe xa é moi difícil, e máis estando no Goberno. É moi difícil que, nun Goberno de coalición, o socio menor poida desprenderse desa condición.
-Para o 1 de marzo, ¿o panorama será semellante?
-Creo que si. O PP tampouco retrocede moito, resiste. Hai unha estabilidade. Nos próximos anos vamos ter máis do mesmo, con pequenas variacións.
-¿Fai falta algunha forza máis ou temos dabondo con tres no Parlamento de Galicia?
-Depende do que fagan as forzas.
-Igual un partido nacionalista de dereitas...
-¡Ou de esquerdas!, porque a deriva do BNG cara ao centro crea tensións pola súa banda esquerda. Non sabemos en que poden parar esas tensións, tanto pode non haber ningunha escisión, como pode habela pola dereita ou pola esquerda. Ou unha escisión no PP, un reagromar dun nacionalismo de centro. Pero non penso que sexa para o próximo cuadrienio.

...