Nota.- CC.OO. tilda de "clientelar" a selección do persoal do Consorcio Galego de Benestar

CC.OO. volve denunciar a existencia de "chiringuitos clientelares" no proceso selectivo do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e critica á CIG por apoialo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 07/01/2009 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

CCOO responsabiliza da aprobación e publicación destas bases, a actitude intransixente dos representantes do Consorcio e o colaboracionismo do seu brazo sindical, que impuxeron, na mesa de negociación, unhas bases que carecen das mínimas garantías de obxectividade e transparencia a mais de que non contan coa participación dos representantes dos traballadores/as nas comisións de selección.

Este proceso selectivo, QUE NON CONTOU CO APOIO DE CCOO, nace xa viciado en orixe e crea un clima laboral negativo nos centros de traballo para os mais de 300 traballadores/as actualmente contratados que ven perigar a súa continuidade na empresa por quedar, coa complicidade da CIG, a súa estabilidade laboral supeditada á aplicación de criterios subxectivos e ós caprichos que decidan impoñer os dirixentes do consorcio na resolución deste proceso selectivo.

CCOO na Mesa de Negociación, co obxecto de favorecer que este proceso selectivo fose o mais favorable para a maioría (a poder ser para a totalidade) dos traballadores/as, plantexou que si querían contar co seu apoio, deberían recollerse nun acordo as seguintes condicións mínimas:

Que as bases do proceso selectivo, recollesen garantías de transparencia e obxectividade (exames tipo test, nota de corte, concreción dos temarios, etc.).

Que nas comisións de valoración dos distintos procesos houbese representación sindical plural (mínimo dous representantes sindicais).

Que a OPE-2008, na primeira fase, recollese só a relación de prazas correspondentes ós contratos realizados no 2007.

Que no acordo se relacionase a totalidade das prazas restantes a incluír nunha segunda fase, aplicándolle os mesmos criterios de transparencia, obxectividade e participación sindical, que os procesos selectivos da primeira fase.

Lamentablemente ningunha destas condicións foron aceptadas, preferindo os representantes do Consorcio, co apoio da CIG, seguir adiante con un proceso de selección, enganoso, fraudulento e sen participación sindical plural, pondo en risco a consolidación de emprego do persoal actualmente contratado.

Con esta decisión quedou constatado, unha vez mais, que o BNG, onde goberna, prefire os "chiringuitos clientelares" e a exclusión das opcións sindicais "molestas", en vez de construír acordos, desde o respecto á pluralidade sindical, que garantan a estabilidade laboral dos traballadores/as actualmente contratados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

21 anónimo

http://www.lavozdegalicia.es/galici...

ACUSACION
CC.OO. tacha de «clientelar» el proceso de selección de personal del Consorcio Galego de Benestar

Denuncia que el BNG «prefire os chiringuitos» en las áreas del bipartito que gestiona

La Voz: 8/1/2009

El sindicato CC.OO. acusó ayer al BNG de emplear «chiringuitos clientelares» en la selección de personal del Consorcio Galego de Benestar. La organización sindical denunció en un comunicado de prensa que los procesos selectivos del personal de este consorcio suponen «fraude e engano», y representan, a juicio de la central, una evidencia de que el Bloque «prefire os chiringuitos clientelares» para gestionar las áreas que gobierna.

En concreto, el sindicato sostiene que las bases para la selección de personal laboral de galescolas, centros de atención a personas mayores y los servicios centrales, que se publicaron el 30 de diciembre pasado, son un fraude, y responsabiliza de su aprobación a la actitud «intransixente» del propio consorcio y al «colaboracionismo do seu brazo sindical», en referencia a la CIG. Según CC.OO., que se desmarcó de ese proceso selectivo, las bases carecen de las mínimas garantías de objetividad y transparencia, y no cuentan con la participación de representantes de los trabajadores en las comisiones de selección. El sindicato objeta por ello que el proceso «nace xa viciado en orixe» y crea un «clima laboral negativo» en los centros de trabajo para los más de 300 empleados que están contratados en la actualidad y que «ven perigar a súa continuidade» al quedar supeditada su estabilidad a criterios «subxectivos» y a «caprichos» de los dirigentes del consorcio. CC.OO. señala la «complicidade da CIG» en esa situación.

Sin garantías de transparencia

Según la nota de prensa emitida ayer por el sindicato, y recogida por la agencia Efe, las pretensiones de CC.OO. de que las bases de selección de personal para el Consorcio Galego de Benestar contemplasen garantías de transparencia o que hubiese representación sindical en las comisiones de valoración quedaron desestimadas. «Lamentablemente, ningunha destas condicións foron aceptadas, prefirindo os representantes do consorcio, co apoio da CIG, seguir adiante cun proceso de selección enganoso, fraudulento e sen participación sindical plural, pondo en risco a consolidación de emprego do persoal actualmente contratado», denuncia Comisiones Obreras.

La organización sindical enmarca la actitud que denuncia en los procesos selectivos del consorcio en una crítica más amplia a la política del BNG en las áreas que gestiona dentro del Gobierno bipartito, con la marginación de las posiciones sindicales que no secundan sus propuestas. Asegura CC.OO. que la organización frentista «prefire onde goberna os chiringuitos clientelares e a exclusión das opcións sindicais molestas, en vez de construír acordos, desde o respecto e a pluralidade sindical, que garantan a estabilidade laboral dos traballadores actualmente contratados».

20 o_carallo_vintenove

amarante ou só ves o que che interesa ou non queres ver máis que o a ti che parece ben. a maiores ou moi puco rigurososo es na tuas afirmacións ou non te preocupaches de ter toda a información do que acontecía realmente nestes derradeiros anos. ao mellor é que estiveches metido na burbulla nacionalista e para ti non existía o mundo real exterior. desperta que xa son horas. revisa as hemerotecas e logo fala con propiedade se non queres quedar en parcial e en imprudente. saúdos e arrumacos. precisas cariño.

19 Amarante

Cando dicía que os CCOO debían calar referiame a que deberían calar por coerencia coa súa práctica sindical, xa que cando gobernaba o PP silenciaron ou asentiron pasivamente co clientelismo, cando non co nepotismo, nos procesos de selección de postos públicos. E o mesmo están a facer noutras Administracións (Deputacións, Concellos).
A CIG-Administraciópn sí criticou (mesmo en vía xudicial) bases do consorcio en anteriores ocasións. Descoñezo as razóns polas que agora asinte cunhas bases igual de impresentabeis que as que criticaron con anterioridade.
O grave de todo é que unha entidade pública (Consorcio)seleccione ao seu persoal mediante unhas bases discriminatorias, onde se pontúa en exceso o desempeño previo dos postos ofertados, e onde é prácticamente imposíbel que unha persoa que careza de servizos previos ao Consorcio poida acceder a un posto de traballo en dita entidade pública. Iso é o grave.

18 o_carallo_vintenove

amarante, si o asuntiño do consorcio é como ti dis, parabéns aos de ccoo por non calarse porque, dun tempo a esta parte, outros volvéronse muditos ¿por qué se calarán tanto agora os da ciga? será por mor dos movemento pola base?

17 Amarante

CCOO debían calar,sen dúbida ningunha, pero as bases de selección do Consorcio son un escándalo, na liña habitual deste e doutros chiringuitos e continuando coa liña iniciada polas de selección (perdón, designación a dedo) do proprio xerente.
Que se chegue a pontoar ata 9 veces máis a pontoación por desempeño de postos no Consorcio respecto do realizado noutras Administracións Públicas, ademáis de ilegal (hai reiteradas sentenzas do Tribunal Supremo ao respecto) é de coña.
En fin, o de sempre.
O de igualdade, mérito e capacidade é cando se está na oposición (política).