Federalismos

Unha palabra que significa moitas cousas e a contraria. Cando igualdade significa uniformidade.

Por Serafin Pazos | A Coruña | 15/03/2016

Comparte esta noticia

Emporiso podemos adicar un pouco de tempo a ver esa lea federal da que todos falan pero que apenas se ten considerado. Agas o PP, todos din proclamarse federalistas dun xeito ou doutro, mesmo os seus descendentes en Ciudadanos se proclaman tales, e asi figura nopactocon outro partido tamen da en chamarse federal como e o PSOE. Non falemos xa de Podemos que copiou directamente a sua doutrina das nacionalidades e do centralismo democrático inventado por Stalin nos seus tempos mozos, pasado pola salsa da plurinacionalidade de Evo Morales e adozado últimamente coa doutrina de Nacion de Nacions de Herrero de Miñon suscrita por boa parte do PNV e por CiU ata hai dous días. 

E é que federal pode chámarselle a moitas cousas, desde o sistema dos Estados Unidos ó de Nixeria. Mesmo no PP hai moitopatriota constitucional que di sen pudor que ese sistema decentralizado a regañadentes que é o chamado Estado das Autonomias é xa un estado federal todo menos en nome. 

Non vamos empezar aquí una disquisición entre federalismo simétrico ou asimétrico, competitivo ou cooperativo e demais lerias co que nos entretemos os politólogos e consitucionalistas.   Collamos simpemente o tal pacto PSOE-Cs coma posible mínimo comun demoninador de reforma da estrutura do Estado entre os grandes partidos e vexamos que significan para Galicia. 

O CIS confirma que, coma sempre, os galegos preferimos que nada cambie cunha importante minoría que desexa voltar o sistema unitario puro e duro, o igual que na Transición a maioria non sabia nin contestaba e Galicia foi de feito a táboa de salvación elecotoral dos nostálxicos do réxime anterior agrupados en Alianza Popular. Pero supoñamos que o sentimento maioritario que os galegos lle din ó CIS significa pode entendere como que “é bo que os galegos sexamos responsables nos mesmos dos temas que mais nos afectan directamente”.Nada insurrectional, coido eu, e plenamente compatible co estatu quo constitucional.

 Vaiamos por partes:  

 Eliminacion das deputacións e supresión por consellos de alcaldes.O Galegismo fundouse coma reaccion a division artifical de Galicia, á moda francesa, nas catro provincias actuais. Co tempo as dúas do interior ata xeraron unha certa conciencia “rexionalista” , que explica moito do Baltarismo e o Cacharrismo. O fundamental é que ,sexan anacronismos ou non, non deberia ser Madrid, nun sistema supostamente federal, quen decida  a estructua territorial interna de Galicia  onde os concelllos estan rexidos polas leis de bases espanolas e onde frecuentemente teñen que acudir a Madrid a facer pasillos coma se a nosa autonomia aínda non existise. Pouca autonomía é e esa se nin sequera podes organizar o teu territorio. Isto non pasa nin en Alemana, Bélxica, India, Australia, Estados Unidos nin Canada. 

Reinvención do Senado en estrita Cámara Territorial cunha composición máxima de 100 membros e adicado a temas territoriais:Isto veu máis do lado de Ciudadanos que da calculada vaguedade lampedusiana do PSOE, testemuño da orixe catalana dese partido. Certamente non hai federalismo posible se non implicas ás partes no conxunto. O que non di é que eses novos senadores deben ser representantes directos dos gobernos autonomicos ou dos parlamentos. Tampouco do rol dos propios Presidentes nin das Conferencias Sectoriais Estado-Autonomias. Existen formulas varias pero o que esta claro e que non hai federalismo se os Galegos, Catalans e Bascos non tenhen medios de modificar cando non vetar (coma pedía a Declaración de Barcelona) decisións esenciais sobre a lingua ou estrutura territorial. 

Dicir igualdade, pensar en uniformidade:Falar de Competencias e Lei de Bases soa aburrido pero esa é a cuestion esencial; quen ten, ao final, a tixola polo mango. Aquí vese claramente o subconsciente centralista do PSOE, C´s - equiparable ó do PP ou boa parte de Podemos. No fondo moita autonomia pero o principal é “garantizar a igualdade de trato de todos os españois, sexa cal sex a sua comunidade de residencia”.Esa obsesión pola igualdade é contraria ó propio conceito de autonomía. Ter autonomía significa poder facer as cousas ó teu xeito, incluso ter máis servizos e dereitos ca outros territorios, e sobre, todo o dereito, a equivocarte. Do mesmo xeito que un non é adulto se non é capaz de ser responsable dos seus propios erros sen ter que pedir permiso os pais.  Máis no fondo os catro partidos maioritarios o que queren é seguir lexislando desde o Centro a golpe de leis de bases. De feito moitos sistemas federais tamén foron deixando de selo realmente co crecemento do poder central (Estados Unidos, Suiza por non falar de Alemana ou Austria).  Pola contra, sen estar nun estado federal, a Autonomia Escocesa é exitosa, capaz de desenrolar políticas realmente diferentes porque son totalmente -e exclusivamente- responsables de todas as súas competencias,  que son todas agás Asuntos Exteriores, Pensións, política Enerxetica, Comercio e a propia Constitución. Aquí o Goberno de Feijoo quere facer un catalogo galego de medicamentos xenéricos para aforrar cartos ó noso SERGAS e o Estado túmbao; non porque sexa una mala idea, senón porque atenta a sacrosanta uniformidade. 

Todo pasa por Madrid:consoante co anterior a posición de too oestablishment español é  que se hai un novo problema, o ·Estado  ten que intervir. Se hai 17 formas diferentes de solucionar un asunto, pois iso xa é malo en si mesmo e hai que harmonizar. Violencia de Xenero? O PSOE-Cs piden un Plan nacional onde o Estado é o que manda. Protección dos Consumidores, Horarios comerciais? Lei de bases para regulalo.  Dánse Licencias autonómicas no exercicio dassúas competencias? O mesmo. Revelador e que tanto xuntos como separados PSOE e Cs apoian a Lei de Unidade do Mercado do PP.  E como se a Unidade fose un concepto cuase relixioso na ideoloxía española. E seguramente sexa o caso, un que afonda as súas raíces na Reconquista nada menos.  De feito, alén de certas concesións ó uso das linguas no Senado e no Instituto Cervantes o PSOE sobre todo queira expadir as competencias do Ministerio de Cultura e Cs meter man, polo suave, no currículo e emprego das línguas no ensino.  Vamos, igualiño que en Bélxica, Suiza , Canada ou a India. Para iso case mellor ser coma en E.UU. onde non hai lingua oficial. 

Por que lle chaman federalismo cando queren dicir nacionalismos?  No fondo, o do suposto federalismo no e un subterfuxio máis como o de “feito diferencial”, “rexime comun” etc. Para seguir na ficción que este é un Estado Nación á moda francesa. Preténdese darlle un roupaxe tolerante a un sistema politico e fundamentalmene unitario, un que acepta mal a diversidade. As veces ata o extremo de inventar diversidade con tal te gardar as apariencias de igualdade e uniformidade. Temos 17 autonomias con amplas competencias lexislativas porque non querian que so as tiveran Galicia, Euskadi-Navarra e os territorios catalanfalantes. Quérese agora harmonizar agora unha diversidade que en boa parte inventaron os propios xacobinos. 

Emporiso resulta tamén imposible falar de Federalismo Fiscal e a mostra mais aproximada que existe neste contexto, o concerto vasco-navarro é visto coma unha ameaza en vez dunha forma de responsabilizar a cada territorio co que gasta. Canta corrupcion se teria aforrado se existise un sistema de corresponsabilidade fiscal real . Nada diso se fala. Coma se pasa de puntillas no sinsenso que  grazas á UE o Estado recuperou o poder en competencias que eran plenamente autonómicas (pesca, agricultura, por non falar da Lei de Estabilidade Orzamentaria) e que, en vez de vencellar as comunidades na politica europea do Estado vense coma unha ameaza que hai que afogar (Lei Margallo). Pola contra en Austria ou Alemaña a política europea non a fai só o estado central, e en Bélxica os territorios tenen estatus diplomático para as súas competencias no exterior.  E que que no fondo e tal o medo atavico a acabar coma a URSS cando o que gustaria e ser coma Francia. 

Antes ou despois habera goberno e convocarase unha ponencia de reforma consitucional no Congreso. É certo que Galicia hai tempo que non se falaba na axenda politica de soberanía e plurinacinalidade. Pero por outra banda as mareantes discusions sobre confluencias e paripés non indican que haxa unha idea clara do que se quere para Galicia, aparte de facer de palmeiros dos patróns duns e doutros, cando non directamente mimetízase o discurso da Moncloa, Lavapies ou Barcelona. Xa que supostamente estamos nun tempo de nova politica cumpriría que alomenos existise un consenso galego de minimos. A non ser claro sexa bastante máis cá minoría que aparece no CIS a que no fondo estea de acordo coa recentralizacion e que, se vemos o detalle do pacto PSOE-Cs estase en parte a buscar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA