A primeira gran organización política e cultural de Galicia cumpre cen anos

O centenario das Irmandades da Fala encherá Galicia de actividade culturais que inclúen exposicións, ciclos de conferencias e mesas de debate.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/03/2016 | Actualizada ás 09:06

Comparte esta noticia

As Irmandades da Fala cumpren 100 anos e, para celebralo, as principais institucións culturais de Galicia, xunto á Xunta e as deputacións provinciais, organizaron unha ampla programación con numerosas iniciativas que percorrerán toda Galicia.

Goretti Sanmartín, Xusto Beramendi, Román Rodríguez, Ramón Villares e Alonso Montero durante a presentación dos actos do aniversario das Irmandades da Fala
Goretti Sanmartín, Xusto Beramendi, Román Rodríguez, Ramón Villares e Alonso Montero durante a presentación dos actos do aniversario das Irmandades da Fala | Fonte: Xutna.gal

De entre as actividades, que estruturaron desde o Executivo galego, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego, para esta conmemoración, destaca a exposición 'Saúde e Terra, irmá(n)s!', que percorrerá o sete cidades galegas, comezando pola Coruña.

Para esta exposición, a institución que achega unha maior colaboración será a Deputación da Coruña, con máis de 90.000 euros, e coa cal, segundo explicou en rolda de prensa a vicepresidenta da entidade provincial, Goretti Sanmartín, preténdese dar coñecer ás Irmandades da Fala "e a súa defensa de Galicia como centro de decisión propia". Ademais, enxalzou así ás Irmandades como o "punto inicial do nacionalismo moderno".

O programa inclúe outras actividades diversas que se estenderán desde leste mesmo mes de marzo até o ano 2018. De entre as iniciativas académicas de difusión do labor das Irmandades destaca a celebración dun simposio de tres días en novembro do 2016 no Museo do Pobo Galego.

O presidente do museo con sede en Compostela, Xusto Beramendi, valorou así o impulso desta celebración que, grazas á "colaboración e unidade de tantas entidades" serve para "facer país" a través do recordo das Irmandades, que foron, segundo destacou, as precursoras da normalización da lingua galega.

Doutra banda, desde o ámbito lingüístico, a Real Academia Galega, levará a cabo o último semestre deste ano un ciclo de mesas de debate, que serán o marco para a difusión pública de catro volumes de antoloxías, coeditados polo Parlamento galego.

Publicacións que reivindicou o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, que considerou necesario lembrar o labor das Irmandades nun "momento verdadeiramente preocupante" para o idioma galego, sobre todo no aspecto falado.

Desde o Consello da Cultura Galega tamén se realizarán diferentes seminarios que se repartirán nos anos 2016, 2017 e 2018, desde un "contexto máis global" analizando as diferentes nacionalidades no Estado español, así como europeas e americanas, no contexto das Irmandades, segundo apuntou Ramón Villares, presidente da institución.

Esta programación conxunta para a celebración do Ano das Irmandades da Fala correspóndese co cumprimento dunha declaración aprobada de forma unánime no Parlamento de Galicia para o impulso desta a conmemoración desta efeméride. Neste sentido, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, declarou que espera que esta conmemoración sirva para "pór en valor" e "reforzar o coñecemento" acerca dunha entidade crave para a "riqueza cultural" de Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 dtyu

¿Orixinal? Non oh, non. Como sempre no nacionalismo galego unha copia de cataláns ou vascos. Neste caso son unha copia da Nostra Parla catalana.

1 Hermerico

O que quer dizer o analfabeto neogalleguista que redacta a notícia é que as Irmandades da Fala FAM cem anos