Expulsado o secretario de industria de CC.OO. por acoso sexual

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2025 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

CC.OO. decidiu expulsar do sindicato ao secretario xeral comarcal de Industria en Santiago-Barbanza, José María González Cibes, denunciado por acoso sexual, segundo confirman fontes da central consultadas por Europa Press.

González Cibes fora suspendido pola organización tras recibir este unha denuncia en relación a proposicións de índole sexual e represalias tanto no sindicato como nunha conserveira. A comisión de garantías da federación de industria é a que tomou a decisión da expulsión, que foi comunicada este venres ás partes. Agora, a medida pode ser recorrida na comisión de garantías confederal.

CC.OO.-Industria estatal asegura que tivo coñecemento da denuncia a finais do ano pasado e que foi entón cando se pediu a apertura de expediente a González Cibes. A partir de aí, expón esta federación, activouse o protocolo da organización, que ten un procedemento marcado, que neste caso levou a constitución dunha comisión instrutora e a adopción de medidas cautelares, ata a decisión da expulsión.

José María González Cibes, expulsado de CC.OO
José María González Cibes, expulsado de CC.OO | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta