Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2025 | Actualizada ás 13:10
A secretaria xeral CC.OO. Galicia, Amelia Pérez, defendeu que o sindicato tomou unha "decisión contundente" ao expulsar ao exsecretario xeral comarcal de Industria en Santiago-Barbanza, José María González Cibes, denunciado por acoso sexual. "Eu creo que cando se soubo, por parte da Federación Estatal esta situación, tomouse unha decisión contundente, abriuse o expediente cunha suspensión cautelar, cunhas medidas cautelares", explicou Pérez este sábado en declaracións aos medios.
Así, no momento no que detectaron que "estaba a incumprir" esas medidas cautelares produciuse unha "expulsión inmediata". "Este tipo de condutas non se poden tolerar. Hai que ser contundente na toma de decisións, rápido, cando se ten coñecemento", esgrimiu. A reglón seguido, apuntou que "o máis importante" é "arroupar" aos compañeiros que "tiveron a valentía de denuncialo". Ademais, continuou, hai unha denuncia en Fiscalía, por tanto, "o que queda é o trámite xudicial".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.