A Xunta promociona o emprego instando aos parados a "volver aos cafés de 15 minutos"

"Volverás a odiar o despertador", recolle unha campaña publicitaria que vai destinada aos desempregados e que se refire a eles como folgazáns. CCOO xa pediu a súa retirada por "irrespetuosa".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/04/2016 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) pediu a retirada ou a substitución dunha campaña publicitaria da Xunta por ser "irrespectuosa" coas persoas desempregadas. Denuncia que está composta, entre outras accións, de varios slogans publicitarios que conteñen afirmacións como "volverás odiar o espertador" ou "volverás aos cafés de 15 minutos" para se referir á obtención dun posto de traballo.

Oficina do Servicio Público de Emprego, onde se tramitan as axudas do paro, en Pontevedra
Oficina do Servicio Público de Emprego, onde se tramitan as axudas do paro, en Pontevedra | Fonte: Adrián Estévez wikimedia

"Isto é unha burla. Nin unha pausa para o café nin o son do espertador pola mañá son as principais preocupacións das persoas desempregadas", critica a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza,

Ademais, no caso da afirmación referente á pausa do café, Bouza considera que se está a "frivolizar" cun dereito regulado polo Estatuto dos Traballadores (artigo 34.4) "que nin sequera recibe ese nome, “pausa café”, senón que é un tempo de descanso que debe computar como xornada efectiva e que pode ser mellorado no convenio colectivo".

Esta campaña está patrocinada polo Fondo Social Europeo. Por iso, este sindicato tamén critica que a Xunta non ten criterios propios e "funciona ao ditado de Bruxelas porque carece de política propia axeitada á nosa realidade".

Bouza pediu a "asunción de responsabilidades políticas por esta intolerable metedura de zoca". A sindicalista lembrou que as persoas desempregadas "non son números para a estatística, senón seres humanos coas súas preocupacións e dramas particulares, que o último que precisan é que o seu Goberno lles falte ao respecto con burlas e insinuacións fóra de lugar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 relaxingcup

O de "está patrocinada polo Fondo Social Europeo" tamén e con retranca.

1 Sesese

Como se nota a xente que vive ben vaia coñas do carallo