Feijóo aproveita a súa viaxe a Arxentina para falar das eleccións

O presidente galego defende que se reforme o sistema de voto na diáspora e aposta por un sistema de voto electrónico.

Por Galicia Confidencial | Bos Aires | 22/04/2016 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a visita que está realizando a Arxentina para falar das eleccións e do sistema electoral e apostou por "reformular o sistema" do voto de residentes no exterior para garantir que todos os españois poidan exercer o seu dereito.

Feijóo con mozos emigrantes nun mitin en Arxentina nas pasadas eleccións
Feijóo con mozos emigrantes nun mitin en Arxentina nas pasadas eleccións | Fonte: cronicasdelaemigracion.com

"Con esta lei non é posible exercer o dereito a voto e en consecuencia habemos de modificar a lei porque non é útil" e así non se pode seguir”, dixo Feijóo en declaracións aos xornalistas tras o acto inaugural da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires.

“É evidente que non hai prazo suficiente para poder exercer o dereito a voto e que os galegos que queren votar teñen moitas dificultades. Non pola súa actitude, senón simplemente porque os prazos son moi pequenos”, dixo en alusión ás últimas eleccións xerais de 2015, cando só un 5 % dos galegos residentes no exterior puideron emitir o seu voto de maneira efectiva.

Por iso, abrir os prazos de presentación de papeletas, establecer o voto electrónico e converter embaixadas e consulados en centros de votación, son algunhas das solucións que propón o presidente galego. "Todo o sistema de voto solucionaríase co voto electrónico", reiterou.

Núñez Feijóo lembrou que o Parlamento galego logrou pactar "por unanimidade" unha proposta para modificar a lei de voto rogado, aínda que apuntou que mentres non se constitúa un Goberno de pleno dereito en España vai ser moi difícil que ese proxecto de lei entre en vigor para as eleccións galegas" que se celebrarán a finais de 2016.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegoexiliado

Pon no afoto "Feijóo con mozos emigrantes .." Dudo moito que esos mozos sexan emigrantes. Mais ben serán arxentinos fillos ou netos de emigrantes, que non pagan impostos en Galiza e teñen dereito a votar a quén des-gobernará aos galegos "do interior". Xa que tan amistoso está o presi e tan ledos os arxentinos que o acompañan, podería aproveitar pa pedirlles que paguen impostos na Galiza pois o patriotismo tamén está en pagar impostos e non so en disfrutar os que nos pagamos, ou como fan os patriotas de Expaña levalos a Panama. Por certo sr,dos Pesares ¿galegos da diáspora tamén son os de Expaña?¿Por qué os galegos de Expaña non poder votar a ese líder mundial tan querido no estranxeiro? ¿Para cando un cambio na Ley Electoral e que cada un so vote donde reside?