Nacionalistas e non nacionalistas volverán falar do futuro de Galicia cen anos despois

Adrián Dios, Teresa Moure, Joám Lopes Facal e Antón Gómez-Reino tentarán responder a pregunta que en 1916 fixo Lois Porteiro Garea: "E nós que?".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/05/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Ex dirixentes nacionalistas, deputados de Podemos e economistas participarán este sábado nunha mesa redonda organizada pola Gentalha do Pichel para falar de "Galiza. Un proxecto de pais para agora e o futuro", dentro dos actos de celebración do centenario das Irmandades da Fala.

Unha das xuntazas das Irmandades da Fala
Unha das xuntazas das Irmandades da Fala | Fonte: intergalcome.uvigo.es

Así, Adrián Dios, economista e militante do BNG; a escritora e ex candidata ao Senado co BNG, Teresa Moure; o economista Xan López Facal e o ex deputado de Podemos en En Marea, Antón Gómez-Reino, moderadas por André Seoane, membro da comisión de Historia da Gentalha do Pichel tentarán responder a pregunta que hai cen anos fixo Lois Porteiro Garea.

En 1916, Porteiro Garea lía o discurso fundacional da Irmandade da Fala de Santiago de Compostela. Dentro do epígrafe titulado "O renacimento hispano e a guerra" facía unha contextualización da conxuntura na altura da época e formulaba a pregunta: "E nós que?", dirixíndoa ao pobo galego e, en especial, aos sectores intelectuais que se comezan a agrupar ao redor das Irmandades.

Deste xeito, os catro contertulios terán que situarse nun estado de ánimo semellante e, partindo das actuais condicións históricas, volverán preguntar "que é o se pode, se quere e/ou hai que facer para que o pobo galego avance no seu benestar e na capacidade de xestionar o seu propio destino".

A mesa redonda insérese na programaçom de actos que o Concello de Santiago de Compostela programou para celebrar o centenario da fundación da Irmandade da Fala de Santiago. Todos os actos terán lugar o día 28 de Maio (Sábado) e serán de diverso tipo (de palestras a concertos, pasando por recitais poéticos ou performances artísticas). O concello quixo abrir á participación social a actividade polo que algúns deses actos son organizados por distintas entidades, caso desta mesa redonda que organiza e coordina a Gentalha do Pichel.

O fío escollido para articular o conxunto de actividades foi o discurso fundacional da Irmandade da Fala compostelana, lido e escrito por Lois Porteiro Garea. O discurso divídese en 12 epígrafes. Cada un deses epígrafes desenvolve umha liña temática que foi o que se tomou como guía para crear as 12 actividades que terán lugar o 28 de Maio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Próculo

Que caralho vai falar o Trepatone?

2 patético

a verdade é que o titular é de coña¡¡¡ Si non se definiu o futuro en cen anos imos de carallo....e o certo é que non so non está definido senon que o único claro é que non hai futuro nesta galicia... e cos chupacartos que temos de politicos e sindicorruptos menos... eso si a vaca sigue dando...

1 Pregunta

E cales son os non nacionalistas non eran todos nacionalistas. Gomez-Reino díxolle a Beiras que se non lle gustaba que marchase ou llo dixo a un enviado como foi a cousa