Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/06/2025 | Actualizada ás 13:47
Un home sufriu a amputación parcial dunha man coa hélice dun parapente no aparcadoiro da praia de Polvoreira, en Lourido, municipio de Poio (Pontevedra), na mañá deste martes. Segundo informa o 112, o home sufriu un corte importante coa hélice cando estaba a recoller o parapente pasadas as 11,00 horas.
Unha testemuña dos feitos contactou co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente debido ás lesións provocadas polo corte. Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 que evacuaron ao ferido en ambulancia. Tamén colaborou a Policía Local no operativo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.