Marín abre un expediente á concesionaria da piscina tras a detención dun monitor por agresión sexual a menores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2025 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

O Concello de Marín abriulle un expediente á actual empresa concesionaria da xestión da piscina municipal, Soom Management, solicitándolle por escrito "información detallada" sobre como se realizou a contratación entre a empresa e o centro educativo do que depende o monitor denunciado por unha suposta agresión sexual a seis nenas menores.

Segundo explican nun comunciado, a xestión de persoal, tanto o subrogado da anterior concesión (tamén gañada por Soom Management) como o doutras posibles relacións laborais é unha competencia propia do adxudicatario. Neste caso, relatan, a vinculación do investigado é un convenio entre o centro educativo do que depende o sospeitoso e Soom Management para a realización de prácticas no mercado laboral, "sen que teña o Concello de Marín ningunha vinculación nesta relación laboral".

Con todo, apuntan, ao tratarse dunha instalación municipal, "e coa intención de auditar completamente este proceso", desde o Consistorio solicitan á empresa que faga constar por escrito como foi o proceso de contratación, se se lle requiriu toda a documentación relacionada coa prevención de abusos sexuais e cales eran as funcións concretas da persoa. Ao tratarse dunha persoa en prácticas, piden saber tamén quen ou quen eran os seus titores.

Piscina municipal de Marín
Piscina municipal de Marín | Fonte: fabs.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta