Galicia espertou con 30 grados nalgunhas localidades

En Carnota rexistráronse temperaturas de 30,5 graos nesta madrugada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2025 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A estación de Meteogalicia instalada na parroquia de Lira, no municipio coruñés de Carnota, rexistrou ás 02.10 horas unha temperatura de 30,5 graos, a máis alta da Comunidade nunha madrugada na que moitas zonas da costa galega e do interior de Ourense superaron os 20 graos.

Ademais, puntos da provincia de Pontevedra superaron os 27 graos. En concreto, na zona do Campus de Vigo chegouse aos 27,9 graos ás 02.40 horas; en Fornelo de Montes, 27,6; en Lousame, 27,2; e en Oia, 27,1.

Ao longo da madrugada as temperaturas foron baixando ata quedar á primeira hora da mañá arredor dos 20 graos na maioría de Galicia, excepto en zonas da costa lucense e coruñesa, así como en áreas de interior en Lugo e Ourense, onde se rexistran temperaturas de 14 e 15 graos. Para este mércores, Meteogalicia mantén activo un aviso laranxa no Miño de Ourense por altas temperaturas, xa que se poderán alcanzar os 40 graos. Ademais, están activos avisos amarelos en Ourense, o sur de Lugo, Valdeorras e Miño de Pontevedra.

Bañistas na praia, a 8 de outubro de 2023, en Pontevedra, Galicia. Elena Fernández
Bañistas na praia, a 8 de outubro de 2023, en Pontevedra, Galicia. Elena Fernández | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta