O incerto futuro económico de Europa por "decisión propia"

Expertos cren que a incerteza xeopolítica está a marcar o rumbo da evolución do mercado de materias primas.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 24/06/2025 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O Foro Económico de Galicia analizou este martes o impacto da incerteza xeopolítica no mercado das materias primas nun almorzo ao que asistiron numerosas persoas da vida pública e económica da Comunidade, estando como invitado Pedro Nonay, experto internacional en mercados de materias primas.

Precisamente Nonay, na súa intervención, explicou que a incerteza xeopolítica e a reconfiguración da orde mundial está a marcar o rumbo da evolución dos mercados internacionais de materias primas agrícolas. "Vivimos nunha montaña rusa de eventos e parafraseando a Lenin: 'hai décadas que nada pasa e hai semanas nas que pasan décadas", afirmou o especialista.

El fixo un percorrido polas tendencias que definirán o futuro do sector nos próximos anos, con especial atención ao impacto que sufrirá Europa. "Estamos a crear unha 'asimetría' mundial onde Europa está a ser penalizada por iniciativa propia ao subir o baremo de esixencias comerciais, mentres o resto do mundo actúa de forma máis laxa", apuntou, segundo recolle o Foro nun comunicado.

Ao encontro acudiron tamén unha vintena de membros do Foro, encabezados polo seu presidente, Víctor Nogueira, así como o delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades.

Imaxe do almorzo deste martes
Imaxe do almorzo deste martes | Fonte: FORO ECONÓMICO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta