Canto gastaron os fogares galegos en 2024?

Un total de 28,15 euros de cada 100 destínanse a vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2025 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O gasto medio por fogar en Galicia alcanzou os 33.700,4 euros en 2024, algo menos que a media, o que supón un incremento do 3,5% respecto de 2023. Mentres, o gasto medio por persoa foi de 14.075,25 euros, algo máis que a media, o que supón un incremento do 3,7%, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No conxunto estatal, o gasto medio por fogar alcanzou os 34.044 euros en 2024, o que representa un aumento do 4,4% respecto de 2023, mentres que o gasto medio por persoa foi de 13.626 euros, cun incremento do 3,9%, segundo a 'Enquisa de Orzamentos Familiares' do INE. De cada 100 euros que gastaron os fogares en 2024, un total de 32,4 euros destináronse a vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles (28,15 euros no caso da comunidade galega); 15,8 euros dedicáronse a alimentación; 11,4 euros a transporte e 9,9 euros a restaurantes e hoteis.

Dentro da alimentación, os consumos en carne (3,6% do gasto total), pan e cereais (2,1%), leite, queixo e ovos (2%), legumes, hortalizas e patacas (1,8%), peixe (1%) e froitas (1,5%) foron os máis relevantes.

Imaxe de recurso con motivo do Día Mundial do Aforro. CEDIDA POR FINTONIC
Imaxe de recurso con motivo do Día Mundial do Aforro. CEDIDA POR FINTONIC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta