Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 13/06/2016 | Actualizada ás 16:00
En concreto, haberá concertos na Sala Capitol de Santiago o próximo 7 de xullo, o 8 de xullo en la Sala Playa Club de A Coruña e o 10 de xullo na Sala Rouge de Vigo. As entradas xa están á venda na web Ataquilla.com dende só 18€.
Dr. Queen fórmase no ano 2000 cando un grupo de médicos platenses deciden unir os seus talentos en homenaxe ao grupo que no seu día formaron o cantante Freddie Mercury, o guitarrista Brian May, o batería Roger Taylor e o baixista John Deacon. Jorge Bussetto, médico cardiólogo de formación, é o único membro fundador do grupo que hoxe continúa en activo, firme a un soño que os converteu na que é considerada por moitos como mellor banda tributo a Queen e que integran xunto a el na actualidade Álvaro Navarro na guitarra, Daniel Ronchetti, no baixo e Andrés Field, na batería. Hoxe, 16 anos despois, manteñen o mesmo coidado e dedicación en todos os elementos que envolven o espectáculo e todos os seus integrantes cumpren estritamente o papel asignado dentro da banda, tanto no aspecto musical como no estético. Así, o extraordinario parecido entre os catro británicos e os integrantes de Dr. Queen é un dos primeiros impactos que recibe o público.
O vestiario, os peiteados, a iluminación e os movementos estúdanse minuciosamente para que todo se axuste ao patrón da banda inglesa. Tanto é así que se varía o estilismo en función dos temas que se toquen, exhibindo ata 15 vestiarios distintos en cada actuación, posto que cada un corresponde a unha época determinada dentro da historia musical do grupo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.