Reflexións sobre o papel dos medios

Anxo Quintana acabou, finalmente, atacando públicamente á La Voz de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 27/02/2009 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Hai días que o vicepresidente da Xunta ven denunciando a campaña que este medio ten contra el e contra o nacionalismo e acusa ao seu editor e dirección de aliarse co PP para tentar que o bipartito non volva gobernar en Galicia. Precisamente, Quintana utilizou un convenio asiando por Feijóo con La Voz na campaña das pasadas autonómicas, para amosar a relación que existe entre os populares e este medio.

Nunha campaña sen precedentes pola implicación de determinados medios de comunicación (non só La Voz de Galicia), Quintana mesmo chegou a afirmar, en privado e ante xornalistas, que a partir do vindeiro 1 de marzo "vaiselle acabar o choio" a La Voz. Unhas declaracións que amosan a postura irreconciliable do líder nacionalista con este medio de comunicación logo das informacións publicadas sobre el, e que non son propias dun dirixente político en campaña electoral.

O nacionalista quere (sempre e cando se reedite o pacto co PSOE) regular as subvencións aos medios de comunicación, un feito que levan reclamando dende hai anos o Sindicato de Xornalistas de Galicia e o Colexio de Xornalistas, sen que ata o momento, PSdeG e Bloque teñan feito nada durante os catro anos de goberno.

En todo caso, a regulación de subvencións debe de ser para todos os medios (prensa, radio, televisión e internet), con todas as consecuencias e sen prevendas políticas ou electorais porque, en campaña electoral, son moitos os medios que toman partido por uns ou por outros sempre que haxa un aval económico polo medio. Agardemos que, a partir da vindeira lexislatura, todos os partidos se poñan dacordo, por unha vez, para evitar espectáculos que, en nada axudan, a normalizar a vida política.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

10 outroqueestanoallo

Para unqueestanoallo
Se realmente tan no allo estás saberás tamén que a Vicepresidencia de Anxo Quintana pagoulle 135.000 euros a un par de xornais (non os citarei, porque se poden consultar no DOG)para que fixeran propagandas das cousiñas que fixo o Bloco na área de benestar.
Todos os xornalistas que tratamos con esta "banda" de quintanistas, sabemos con non tardaron tres días en aprender a por en práctica a política dos convenios, superando ao mesmo PP, sobretodo cando algunha individua chama a algunhas redaccións intentando dictar os titulares.
O mellor que fixo Quintana foi facer público un convenio que recibiu a Voz no 2005. Porque acabará saíndo, un a un, todos os que fixo el despois.
Cando se ataca a una xornal do xeito que o fai Quintana hai que estar moi limpo. E Quintana, aínda que xoge a abrir xornais en vísperas de eleccións e en pechalos o 2-M, si algo non está é limpo. E haberá tempo de demostrarlo antes de que apodreza
Terás oportunidade de velo, unqueestanoallo

9 Galego

Me dan noxo o PP, PSOe e BNG, o final todos son iguais. Quen lle dera a calquer candidato estar maís de 20 anos de Alcalde de Naron e paso de 12.000h a 40.000h. que ten agora. Terra Galega, a nosa terra, a nosa xente.

8 anónimo

Anxo, a tí ya no es sólo el plumero...cada vez que entro en este confidencial te veo esbardallando contra el Bloque, está bien, hombre, pero a ver si cambias un poquito el piñón

7 unqueestanoallo

Aqui o unico que se lle ve o plumeiro e a Fernandez Latorre.

Cando se ten unha taberna, ou un xornal, non se debe dicir abertamente de quen e cada un, polo ben do negocio...

6 anxo

A Voz e independiente de apoiar e non apoiar a quen quere, cantas veces tivo un titular para Terra Galega en El Correo Gallego, e non protestou. Quin que se che ve o plumero e estas a punto de perder o sillon.