Galicia vive unha noite tropical con case 30º de madrugada en Vigo e Lousame

Chega outra masa de aire cálido africano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2025 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Galicia viviu o que Meteogalicia define como unha "noite tropical" entre este domingo e luns con temperaturas mínimas que non baixaron de 20 graos en gran cantidade de localidades.

Así, Vigo, con 28,3 graos, e Muralla, no municipio coruñés de Lousame, con 28 graos, foron as máximas temperaturas rexistradas durante esta madrugada de luns, ás 2,40 horas e 4,00 horas da madrugada respectivamente.

Outros municipios como Cuntis e Fornelos de Montes foron outros municipios galegos que superaron os 25 graos en horario nocturno. É a segunda noite consecutiva con temperaturas mínimas elevadas en Galicia no marco dunha onda de calor que afecta a toda España.

A temperatura marca do pasado domingo, segundo os valores recolleitos por Meteogalicia, rexistrouse en Ourense cidade, ás 16.30 horas, que chegou aos 42.9 graos. Este luns, 30 de xuño, continuará a chegada de aire cálido africano a Galicia, polo que se esperan ceos despexados en xeral e néboa no litoral e nas zonas de interior, que romperán co avance da mañá. A Xunta activou os niveis de alerta 2 e 3 por altas temperaturas en diferentes zonas de Galicia.

Un home toma o sol na praia de Silgar, en Sanxenxo
Un home toma o sol na praia de Silgar, en Sanxenxo | Fonte: Elena Fernández - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta