Morre un bañista nunha praia de Foz

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2025 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Un home faleceu este domingo tras ser rescatado inconsciente na praia de Llas, no concello lucense de Foz. Segundo informa o 112 Galicia, foi Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen alertou ao redor das 17.15 horas de que acababan de sacar ao bañista da auga.

Nese momento, estaban a lle practicar manobras de reanimación, con todo, o home finalmente faleceu. No operativo interviñeron servizos sanitarios e axentes da Garda Civil, aínda que tamén se informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Praia da Foz, en Vigo
Praia da Foz, en Vigo | Fonte: turismo.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta