Os veciños de Vilagarcía volven á normalidade tras o incendio en Impex

Nove das 15 vivendas desaloxadas xa están habitadas de novo, e as restantes poderían ser autorizadas esta mesma tarde tras as inspeccións técnicas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/08/2025 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O Concello de Vilagarcía  informa de que técnicos de Emerxencias avalían este luns a situación das vivendas na contorna do incendio que queimou a nave de Impex Europa, fabricante de raticidas como Ratibrom, para a volta de todos os veciños ás súas casas.

Nun comunicado, indica que os veciños de nove das 15 vivendas afectadas xa puideron volver ás súas casas desde a noite do domingo. Ademais, "con bastante probabilidade", as outras seis que contan con restricións de acceso "poderán ser habitadas de novo desde esta tarde", en función das inspeccións que se farán "casa por casa".

Ademais, o Concello apunta que os moradores deberán tomar precaucións, tales como portas e xanelas pechadas, así como uso de máscaras. Aínda que o incendio está controlado, "seguen desprendéndose fumes e gases". O goberno municipal tamén prevé que se poida desactivar o operativo que estivo a nivel 1 no Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) dende o inicio do accidente.

As vivendas que restan por retomar a normalidade atópanse tres na rúa da Bouza e outro tres na avenida de Pontevedra, as máis próximas á nave sinistrada. Por outra banda, o goberno local quixo agradecer publicamente o labor de todos os medios que participaron no operativo, con especial mención aos efectivos municipais, incluídos axentes da Policía Local que estaban fóra de servizo.

Finalmente, o Concello de Vilagarcía traslada aos empresarios e traballadores de Impex a súa "solidariedade e apoio", con "a seguridade de que saberán recuperar pronto desta desgraza para continuar sendo unha das empresas referentes do tecido económico do municipio".

Persoal de Emerxencias 112
Persoal de Emerxencias 112 | Fonte: Xunta

OS VECIÑOS VOLVEN Á NORMALIDADE

Os veciños das vivendas desaloxadas por mor dun incendio que queimou unha nave de Impex Europa, fabricante de raticidas como Ratibrom, puideron volver ás súas casas de forma xeneralizada salvo en dous casos. Segundo informa o Concello de Vilargacía nun comunicado, estas dúas vivendas "son as máis expostas ao vento" ao atoparse máis preto da nave de raticidas --número 4 e 6 da rúa da Bouza--, que traslada o fume existente.

Esta mañá de luns, o Concello explicaba que técnicos procedían a facer inspeccións en nove das 15 vivendas afectadas aínda pendentes de levantar as restricións de acceso, das cales sete obtiveron autorización para volver ser habitadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta