Reabre a piscina pública de Xinzo de Limia tras ser clausurada pola aparición de feces

A aparición de feces apunta a un reto que se estendeu por todo o país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2025 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A piscina pública de Xinzo de Limia (Ourense) foi reaberta este luns tras ser clausurada o pasado venres pola aparición de feces no seu vaso principal. O alcalde da localidade, Amador Díaz, confirmou a Europa Press a reapertura da piscina grande, tras quedar pechada durante un fin de semana no que o concello se atopaba en alerta vermella polas altas temperaturas.

Tras proceder á súa desinfección e comprobar que os niveis de salubridade eran correctos, a piscina volve estar dispoñible para o público. A pesar de que se descoñece a orixe, o aumento de aparición de feces en piscinas públicas apunta a un reto que se estendeu por todo o país, afectando nas últimas semanas ás piscinas dos municipios coruñeses de Ordes e Moeche. En palabras de Díaz, "é unha pena" que este tipo de actuacións "estraguen a calidade de vida das persoas"

Piscina municipal de Moeche
Piscina municipal de Moeche | Fonte: CONCELLO DE MOECHE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta