A iniciativa Bono Peixe xera en Galicia máis de 8 millóns en vendas e descontos por case 2 millóns

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destaca que 756 establecementos participan no programa, con 302 deles na provincia de Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2025 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia fixo balance este sábado da posta en marcha do programa 'Bono Peixe', unha medida que, segundo a conselleira do Mar, Marta Villaverde, está a ter un "impacto notable" tanto nos negocios como na clientela. En total, 756 establecementos adheridos acumulan unha facturación de 8,3 millóns de euros, dos que arredor de 1,9 millóns corresponden a descontos aplicados aos consumidores.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde
A conselleira do Mar, Marta Villaverde | Fonte: Xunta de Galicia

Villaverde fixo estas declaracións durante unha visita a un dos locais participantes na Estrada, onde salientou que a campaña "está a contribuír ao incremento do consumo e a captar o interese da xente nova".

O programa, no que a Xunta inviste 2,5 millóns de euros, ofrece un desconto do 25% nas compras, cun máximo de 5 euros semanais. No caso de que non se consuma todo o saldo, este pode acumularse ata un límite de 25 euros.

A conselleira lembrou que tanto os usuarios poden seguir descargando os bonos como os negocios adherirse á iniciativa, que continúa activa.

Hai un total de 302 pescaderías adheridas na provincia de Pontevedra, 288 na Coruña, 78 en Lugo e outras 78 en Ourense.

Dende o Executivo galego subliñan que a medida pretende apoiar ao sector pesqueiro e ao mesmo tempo ofrecer un aforro directo ás familias galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta