Abre a inscrición para a 48ª edición da Carreira San Martiño de Ourense e que se celebrará o 9 de novembro

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, animou á poboación a "apoiala de moitas formas" e, por suposto, a "correr se poden"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2025 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O prazo de inscrición á 48ª edición da Carreira pedreste popular do San Martiño de Ourense abriuse este mércores, que se celebrará o 9 de novembro, domingo, cuxo primeiro prazo finalizará o 22 de outubro, cun custo de cinco euros, e o 2 de novembro cun custo de sete euros.

Así o trasladou o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Lalo Gómez, na presentación da carreira celebrada no Salón de Plenos do Concello de Ourense, acompañado do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome (DO), o edil de Deportes, Aníbal Pereira (DO), e o xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez, entre outros.

Gómez destacou que, no que vai de día, a carreira conta xa con "máis de oitenta inscritos" e, en palabras do alcalde, o Concello espera unha "alta participación" na "carreira por excelencia de Galicia". Nesta liña, Jácome animou á poboación a "apoiala de moitas formas" e, por suposto, a "correr se poden".

Entre as principais modificacións, Lalo Gómez avanzou novas carreiras, con respecto ás categorías Sub 18, Sub 16 e Sub 14, que serán de "carácter individual", así como a incorporación dunha nova categoría na Carreira Absoluta, "dos 65 aos 69 anos" e outra categoría "dos 70 en diante".

Así mesmo, adiantou que para aqueles que "non poidan recoller o dorsal nos días previos" á carreira, entre o venres e o sábado no Pavillón dos Remedios, habilitaranse punto de recollida no Decathlon "cun sobrecusto de dous euros". Tamén avanzou a posibilidade de colaborar co municipio leonés de Ponferrada "habilitando un punto de entrega alí".

Ademais das novas carreiras, Jácome incidiu no novo percorrido exposto por mor das obras na cidade, que inclúe puntos como a zona universitaria nas Lagoas, Mariñamansa e, especialmente, unha meta en baixada "dez metros máis abaixo que é o máximo que permite a federación", algo que, engadiu, "os corredores agradecen".

Pola súa banda, o edil de Deportes no Concello de Ourense, Aníbal Pereira, destacou, ademais, que este ano o diñeiro recadado a través do dorsal solidario destinarase á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afaor). "Estar a pensar en que existimos, para nós xa é un agradecemento", engadiu a súa presidenta, María Dores Meira.

Así mesmo, Pereira aproveitou para agradecer a patrocinadores e colaboradores nunha carreira que "é un orgullo para todos os ourensáns". "Que teñamos tanta xente traballando activamente no deporte e facendo cousas fala moi ben desta cidade e éa un orgullo", celebrou.

Presentación da 48ª Carreira pedestre popular do San Martiño en Ourense. EUROPAPRESS
Presentación da 48ª Carreira pedestre popular do San Martiño en Ourense. EUROPAPRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta