Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2025 | Actualizada ás 15:49
O presidente da confederación de empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites, tacha de "ocorrencia" a ampliación do permiso por falecemento que anunciou a ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Desta maneira se pronunciou o máximo representante dos empresarios galegos, a preguntas dos xornalistas, tras unha reunión co conselleiro de Facenda para abordar os orzamentos da Xunta para o ano que vén.
Este xoves, o presidente da CEOE, Antonio Garamendi, cualificou de "ocorrencia nova" a ampliación do permiso por falecemento ata 10 días e o novo permiso por coidado paliativos anunciado pola vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, á vez que de forma irónica pediu "un permiso para descansar un ratiño dos anuncios do Ministerio de Traballo". Pola súa banda, Vieites, este venres, viu no anuncio "unha ocorrencia máis" e criticou "iso de lanzar á sociedade en xeral" os anuncios "e despois sacar reais decretos leis". "Eu creo que non é o mecanismo máis adecuado", sinalou, tras aludir á negociación de convenios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.