Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2025 | Actualizada ás 13:58
A secretaria nacional da CIG-Ensino, Laura Arroxo, cualificou de "insuficiente" a nova proposta do Ministerio de Educación ao propor un calendario de redución de cocientes a "seis anos vista e con excepcionalidades".
Todo iso, despois de que este xoves o Goberno central propuxo rebaixar o cociente de alumnos por clase a un máximo de 22 estudantes en Educación primaria, etapa na que o cociente é actualmente de 25, e a 25 en Educación Secundaria Obrigatoria, que agora é de 30.
Nun comunicado, a CIG explicou que, aínda que o subsecretario de Educación do Goberno central, Santiago Antonio Roura, aceptou incorporar algunha das emendas presentadas polo sindicato con respecto á proposta anterior "quedan moitas cuestións que non foron atendidas".
Así mesmo, a central sindical incidiu en que o primeiro punto "a única novidade" é a redución da excepcionalidade de 21 a 20 horas semanais no caso de secundarias e outros ensinos, como recolle o documento ao que a CIG-Ensino "volveuse a opor". "Sabemos que a Xunta faría do excepcional a norma", asegurou Laura Arroxo.
Con respecto á outra medida que incorporará o Anteproxecto de Lei que prepara o Goberno Central, as "principais novidades" da segunda reunión son a "fixación" de que o alumnado con Necesidades Educativas Especiais "computará dobre nos cocientes de aula e a fixación máxima de 22 estudantes por aula en Primaria e 25 en Secundaria".
A CIG sinalou que o subsecretario de Educación explicou que "non se fixan os cocientes" para Infantil e Bacharelato porque "ao non ser ensinos obrigatorios" é necesario cambiar o Real Decreto 132/2010, de 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan os ensinos do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria.
No texto que presentou o Goberno se explicita que esa modificación se realizaría "no prazo dun ano" desde a entrada en vigor desta lei. "No mellor dos casos os cocientes para Infantil e Bacharelato non estarían aprobadas ata 2027 coincidindo co final da lexislatura, se esta non se adianta", afirmou Arroxo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.