En Marea insiste en contar con grupo parlamentario propio no Congreso

Di que se trata "dun suxeito político autónomo” e que “debe contar con expresión propia".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 15/07/2016 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

En Marea reivindicará, de novo, o dereito a constituír un grupo parlamentario propio no Congreso, a pesar da negativa da pasada e curta lexislatura. A formación galega, na que están Podemos, Anova, EU, as mareas municipalistas e outros colectivos, exporá que superaron  os requisitos do Regulamento de contar con 5 deputados na Cámara Baixa e lograr máis do 15% dos votos en todas as circusncriccións.

Representantes de En Marea, na comparecencia tras coñecerse os resultados dos comicios do 26X
Representantes de En Marea, na comparecencia tras coñecerse os resultados dos comicios do 26X | Fonte: En Marea.

Sen embargo, e tal e como xa aconteceu hai uns meses, o resto de grandes partidos entende que En Marea non se conformou como coalición propia xa que ía da mana de Unidos Podemos. Sen embargo, os deputados da coalición galega, en previsión de que a vindeira semana se conforme a nova Mesa do Congreso trala constitución das Cortes, intensificarán as conversas e negociacións coas diferentes forzas con representación no Parlamento.

O seu obxectivo é trasladaralles o requerimento de grupo, “ao tratarse dun suxeito político autónomo” e que “debe contar con expresión propia tal e como recoñeceu de novo o electorado nas eleccións do pasado 26 de xuño”.

No caso de darse un novo bloqueo de PP, PSOE e Ciudadanos na Mesa do Congreso á creación de grupo propio, En Marea anuncia que “avaliará os diferentes escenarios e alianzas optando por aquel que lle dea unha maior autonomía e espazo e que lle permita aos seus parlamentarios unha maior efectividade á hora de defender os intereses de Galicia nas Cortes do Estado”. Na pasada lexislatura incluise, de facto, no grupo de Podemos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 Ana

Unha vez máis os valencianos anuncian que van ao grupo mixto, con dignidade e valentía. E os covardes galegos de En Marea agáchanse baixo as saias centralistas de Podemos. Todo pola pasta! Igual de vendidos que os do Bloque que sustentan ao P$$$oEspañol, todo pola mantenta! Farsantes que xa non enganan a ninguén! Xa lles vale, a estas alturas seguir coa mentira do grupo galego!

1 amalia

a xentualla de podreiros sustenta o PP! ... votar -vieiras e pp no goberno

2 A Rebelión dos camareiros

Outra pantomima, fallida tentativa de otorgarse autonomia e voz propia, dentro de Podemos. Cando o evidente é que en Podemos ou acatas as decisións da nomenklatura complutense, ou estás fora. De abaixo arriba, transversal, democrática, asamblearia ou coma queras chamarlle, pero no xacobinista Podemos, non hai mais pluralidades, que as persoais.

1 LKI

No BeNeGá sempre ostentachedes un desprezo clasista cara obreir@s, mariñeir@s, labreg@s, precari@s... e agora tamén cara @s camareir@s. Así vos vai.

2 A Rebelión dos camareiros

Certo LKI, en certas élites, non hai que esquecer que por alí estivo ben tempo Beiras. Mais non chegaron a caer tan baixo de enchufar o poeta amigo para o posto de director do Instituto Cevantes.

1 Ide cobrar

Como que insiste se a outra vez nin chegara a pedilo oficialmente a quen queren enganar os cervantinos podemitas