A nova Xunta reduce 59 altos cargos

A nova Xunta reduce de 125 a 66 de direccións e secretarías xerais e delegacións provinciais. Destas últimas, suprimense 51, ao crearse cinco "superdelegados". A actual Xunta recupera elementos do organigrama da Xunta de Fraga como a Dirección Xeral de Vivenda e Solo ou que Turismo pase a depender de Cultura e Política Lingüística de Educación...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/04/2009 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A Presidencia da Xunta asume a Secretaría Xeral para o Deporte así como unha nova Secretaría Xeral de Modernización e Tecnoloxía, a Secretaría Xeral de Igualdade (antes dependente da Vicepresidencia) e manten Emigración e a Secretaría Xeral de Comunicación.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza contará con sete direccións xerais, entre elas unha que fusionará as anteriores secretarías xerais de Relacións Institucionais e de Relacións Parlamentarias. Tamén coordinará a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Traballo e Benestar terá a maior parte das áreas da Vicepresidencia e de Traballo e incorpora unha nova Secretaría Xeral de Familia e Benestar e unha Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal. Nesta Consellería intégranse tamén o Consorcio de Servizos Sociais e Sogaserso.

A Dirección Xeral de Función Pública pasa a Facenda. A Consellería de Economía e Industria terá entre as súas competencias todas as da anterior Innovación e Industria e, a maiores, o Igape, XesGalicia ou BIC Galicia.

Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asume as direccións xerais de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e converte a anterior Consellería de Vivenda no Instituto Galego de Vivenda e Solo, como na anterior Xunta de Fraga. Desaparece SPI e Aceusa e ccrease a Axencia Galega de Estradas. Toda a política de ordenación do territorio queda integrada neste departamento, que tamén asume a maior parte das competencias da antiga Consellería de Medio Ambiente. Así, xestionará Augas de Galicia e crea unha Dirección Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe.

A Consellería do Mar asume as anteriores competencias de Pesca e incorpora o ente Portos de Galicia.

Pola súa banda, Medio Rural incorpora ás súas competencias a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. A Dirección Xeral de Industrias Agropecuarias únese a Industrias Forestais.

A área de Sanidade mantén a mesma estrutura que co bipartito aínda que unifica as dúas direccións xerais que tiñan no departamento de Sanidade Pública e Planificación.

O departamento de Cultura recupera as competencias de Turismo nunha Secretaría Xeral, mentres que o de Educación asume Política Lingüística e unha nova Secretaría Xeral de Universidades, que englobará dúas direccións xerais actuais. Ademais, amplía a súa estrutura cunha Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

6 Piliteiro

Redúcense o Cargos públicos, mais aumentarán os estómagos agradecidos...iso é o máis grave. Como van vender Galicia por un prato de lentellas...TEMPO AO TEMPO.

5 Emilio

supongo que incendios seguira en manos de medio rural...feo nombre, podian recuperar el clasico "agricultura, gandeiria e montes"

me gusta que portos de galicia este en la conselleria do mar..se acabaran los problemas de comunicacion de proyectos entre pesca y portos cuando era de la cotop

4 tinto

Xa o dicía Franco: "No se meta usted en política".

3 anónimo

Me gusta el perfil del nuevo gobierno, más técnico y menos político. Es lo que necesitábamos.
Un acierto el fichaje de Marta Fernández Currás.

2 anónimo

Para o Servizo Galego de Igualdade, imaxino que con rango de dirección xeral, podería pensar en Carmen Orgeira Naya, actual subdirectora xeral de Promoción da Igualdade.
Creo que non habería mellor elección: muller traballadora, emprendedora, con coñecemento da área e aínda enriba boa persoa.