Temas: POKEMON

O Concello de Dodro subvenciona un evento de Pokémon Go

Este municipio sufragará a Pokemon Go Race dentro das actividades do Encontro da Mocidade de Dodro.

Por Galicia Confidencial | Dodro | 25/07/2016 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

O Concello de Dodro, do PPdeG, sumouse a febre do Pokémon Go e organiza un evento, sufragado con cargos públicos, para a busca destes bonecos virtuais. Trátase da Pokémon Go Race.

Xogando a Pokemon Go
Xogando a Pokemon Go | Fonte: Que

Será dentro das actividades do Encontro da Mocidade de Dodro, que este ano celebra xa a súa IV Edición. "Como novidade, este ano dentro dos xogos que se celebrarán no Campo do Bosque de Dodro, Campionato de Pokémon Go!,", anuncia o concello nas súas redes sociais.

O de Dodro é un dos primeiros concellos galegos en celebrar este tipo de eventos que están a ser moi criticados desde algunhas institucións e partidos políticos por impulsar unha actividade que, din, pode poñer en perigo a integridade das persoas. E é que non foron poucos os participantes neste tipo de xogo que sufriron xa accidentes.

Con todo, desde os concellos que impulsan estas actividades salientan a súa importancia para atraer turismo e xerar economía no municipio.

O Concello de Dodro subvenciona un concurso de caza de pokemon go
O Concello de Dodro subvenciona un concurso de caza de pokemon go
Temas: POKEMON
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta