Últimas tardes con Alberto

Os jeans e a camisa azul medio arremangada pola calor, non esconden a faciana entre cansa e preocupada do presidente. Disque Alberto Nuñez Feijoo está en camiño. Non sabemos moi ben cara onde, pero anda percorrendo o país na procura dos 16.000 votos que precisa para a maioría ou dalgún tertuliano/a de Liberdade Dixital para acadar o escano que lle permita gobernar sen moito traballo. Facer a precampaña en agosto é tamén moi práctico. Permite facer turismo gastronómico mentres se diserta sobre os problemas dos demáis, e pouco sobre os problemas do país.

Por Iván Vaqueiro | Vigo | 11/08/2016

Comparte esta noticia

Moderados do mundo, desencantados co PSdeG, co Bloque, con Podemos, galleguistas, …. Non estades sós.” Como nun clube de auto axuda, Feijoo e fai un chamamento, algo desesperado,  aos votos desencantados que marcharon a outras forzas, e que dende fai dous anos no PP van en clamoroso aumento. A tentativa de pescar en novos caladoiros amosa un un PP descoñecido, ata o punto de pasar de apoiar as teses de Galicia Bilingüë en 2009 a reivindicar agora o seu “galleguismo universal”. Sen dúbida, a chegada de Xoaquín Fernández Leiceaga ao PSdeG está a arrastrar e escorar políticamente a Feijoo cara posicións inimaxinables fai un tempo…

Non é país para vacas.  Lembro a un amigo que sempre me dicía que se algún día Galicia tivese moeda propia, teriamos que chamarlle “vacas”. Non só pola súa raíz latina pecuniaria (depecus,gando), senón polo valor do esforzo e paciencia deste nobre animal, que pensó eu, forma máis parte do noso imaxinario colectivo que as outras dúas figuras nacionáis, o porco (ou xabarín) e o polbo, e que moitas veces me  lembra un pouco aBoxer (ou Boxeador), a persoaxe do cabalo da obraRebelión na Granxade George Orwell, preocupado por traballar máis e maís pola revolución animal, e que acaba sendo traizoado polo porco Napoleón. O panorama lácteo galego é desolador.

Tres de Agosto. A cotización do leite producida polos gandeiros galegos xa está por debaixo dos 27 céntimos de euro, algo que non sucedía dende o 2009, e que fai que  un gandeiro galego cobre pola súa leite entre dous e cinco céntimos menos que un asturiano, un leonés ou un catalá. En resumo, o censo de explotacións lácteas galegas perdeu dende o 2015, 272 efectivos. É dicir, Galicia perde unha decena de gandeiros cada semana.

Fuxen os ventos. Á marcha do director da área de Internacionalización do IGAPE, Abel Veiga, seguiulle a de Manuel Varela Rey, titular da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, e así en pleno mes de Xullo, Galicia quedou orfa en dúas áreas nas que está pendente un verdadeiro esforzó institucional.

Do segundo sabemos que marcha a vivir fora de Galicia por un proxecto empresarial. Toda unha declaración de intencións para quen dirixiu a Innovación no noso país. Sobor de todo a menos de 3 meses das eleccións. “Home Manuel, agarda ata setembro. Non podo presidente. Marcho que teño que marchar

Do primeiro, Abel Veiga, home cabal e moi profesional a quen desexo un bó futuro,  cecáis algo tivo que ver a excepcional presión que nos últimos meses o PP fixo sobre o Plan Pexga, as oficinas de promoción exterior da Xunta de  Galicia, que se xestionan en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) que preside Antonio Dieter, o home que plantexou unha nova, moderna e autónoma CEG, e que estes días, de xeito moi notorio reivindicaba a necesidade de recuperar o diálogo social en Galicia, mentres participaba en Carballo nunha xornada sobre a lingua galega e a economía. “Con Alvariño non pasaban estas cousas,…”, pensa Nuñez Feijo.

Cinco de agosto, os medios informan de que o índice de producción industrial cae novamente en Galicia. A serie de retroceso industrial en Galicia segue a empeorar mentres mellora no resto do estado. Claro que isto non parece interesar moito nas “popular parties” do PP, nas que Nuñez Feijoo, nun ambiente entrecoole new age predica as bondades da estabilidade fronte á conxunción cósmico populista xudeu masónica e socialista que segundo él, tratería un goberno alternativo de Xoaquín Fernández Leiceaga. Remata a party, e o presidente colle o seu teléfono. “Francisco esto da producción industrial non tira, Manuel marchou do GAIN e Abel Veiga do IGAPE. O de Pemex mellor non falar. O da leite e o cerco vai fatal… ¿Cómo vai o dos drones en Rozas? Muy bien presidente. Con esto ya, nos salimos”.

Arde o país. E claro, xa non goberna o bipartito e non se lle pode botar a culpa a Emilio Pérez Touriño. Os recortes no departamento de loita contra incendios da Xunta de Galicia saltan á luz cos desgraciados accidentes de Cotobade e Vilagarcía. Imposible non lembrar a imaxe de Nuñez Feijoo coa mangueira a modo de improvisado bombeiro ataviado condockers e polo e a realidade actual. A dun país que arde non só pola existencia de catro desalmados que lle prenden lume, senón que arde sobor de todo pola falla de medios para apagalos.

Oito de Agosto. Un medio de comunicación “letratenente”, como diría o amigo Miguel Barros, publica a primeira enquisa  electoral, que anuncia a posible perda da maioría a Nuñez Feijoo e consolidan a Xoaquín Fernández Leiceaga como Presidente dun goberno alternativo. Os nervos evidentes do xefe de campaña de Feijoo, Miguel Tellado, saltan á vista, e mudan o bó rollonew age do#FeijooEnCamino en furibundos e toscos ataques á oposición, á inestabilidade, que se ás listas do PSdeG  están a quedar “niqueladas”, ou sobre a purga de Beiras. Ou nós, ou o caos.

Presidente, no llegamos.”

O presidente mira sereno cara o Padornelo, e resposta. “Tranquilo Miguel.Sempre nos quedará Madrid.”

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Iván Vaqueiro Nicolás Iván Vaqueiro Gradín (O Porriño, 1977). Politólogo e Consultor, dirixe unha empresa de consultoría empresarial Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC É Diploma de Estudos Avanzados (DEA) de Doutoramento na Facultade de Ciencias Políticas e da Administración da USC no programa "Procesos Políticos Contemporáneos" Master en Dereito Urbanístico e Medioambiental pola Universidad de Vigo. Colaborador de varios medios de prensa e revistas galegas www.ivanvaqueiro.blogspot.com @ivanvaqueiro